22-2-2012

compa xosé monteferro




compa xosé monteferro

entre a entrada da ría
a ria e o mar aberto
al vent esta travesia
o sentimento

entre a peninsula e as illas
hoxe as ondas están calmas
logo serán mar embravecida
al vent as ondas palabras
ai sempre vivas


manolo pipas

na memoria de xosé reigosa
compa de galiza non se vende
calidas apertas montse e gabri
... e todas e todos marchamos
cunha flor na man ou no peito
e logo na tarberna marrucho
escoitamos as tuas cancions
lluis llach paco ibañez dakidarria
raimon
fuxan os ventos silvio
rodriguez  josé afonso ...

en cada esquina un amigo
terra da fraternidade
...




21-2-2012

as mans da musica




neste vello bar hipólito

a musica sempre está
especialmente presente
é escollida con esmero

o jazz vai enchendo
moito tempo espacio tempo
e a musica clasica e as de raiz
tamén okupan unhas boas horas

nestes semanas a musica
faise tamen visible nas paredes
nunha exposicion de fotografias
mans retratos da nosa musica

anxo pintos abe rábade susana
seivane  rodrigo romaní uxia
senlle veronica codesal bieito
romero fuxan os ventos ...

as mans que tocan esas notas
e tamen as mans desas voces
que xesticulan as suas letras
da nosa musica retratadas mans

manolo pipas

mans retratos da nosa musica
no obxetivo de oscar martinez
na imaxe de anxo pintos mans
estilizadas de pianista dedos largos
e con nervio  dime unha amiga delas
no bar hipólito de vigo av de castrelos
26 camiño dese castrelos onde algunhas
desas mans nos deron noites maxicas
nunha noite do acolledor bar hipólito
haberá que recitar estes versos


21-2-2012

da escola publica e da guerra




nas guerras os espacios as cidades

son duramente asediados e sitiados
con catapultas cañons ou misiles
ou con mais educacion
se lles cortan os suministros
a auga a comida o combustible ...

estes recortes está a sofrir
á nosa escola publica
e todos os espacios publicos

cando o xefe da policia en valencia
chama inimigos a uns rapaces
que protestan pacificamente por isto
e son golpeados brutalmente
está claro que hai unha guerra
a guerra de sempre pero agora mais visible
a guerra dos de arriba contra os de abaixo

o cronista

imaxe destes dias da escola
publica pintor laxeiro de vigo


19-2-2012

de carnaval e capital




neste entroido carnaval

uns versos de resposta
a outro golpe do capital

esta reforma laboral
non é cura nen remendo
é unha ferida mortal

neste novo carnaval
ai o enterro do meco
o enterro do capital

o cronista

cunha vertical e escura
imaxe do entroido lokal

como escuro é este tempo
publicado entre as once e media
e as doce da mañán cando saen
a rua os grandes sindicatos pupulistas
confundidos coas comparsas do capital
digo do carnaval


18-2-2012

lulavai cor das verbas




amalgama de notas

e palabras
catro arpas catro voces
ai rapazas

viaxe imende cangas
cordobelas
lulavai amalgama
cor das verbas

manolo pipas

cor das verbas de lulavai
disco presentado onte
imaxe de nando iglesias
lulavai lillith vaite
a primeira muller
e ela abandonou o paraiso

e o poema maria soliño
de celso emilio ferreiro
cantarono as catro lulas


17-2-2012

o pedregal do miño




pedras e mais pedras

lugar chamado o pedregal
e por baixo deses granitos
vai unha pouca auga a cantar

daqui din que sae
unha das fontes do rio miño
veremonos logo fecundas augas
pola terra cha por lugo por ourense
en salvaterra e no atlantico amigo

manolo pipas


15-2-2012

o buraco da pedra




unha gran pedra de granito

cecais roubada no monte
agora ocupa un parque publico
á beira do rio nesta cidade

o seu bucaco coma xanela
olla unhas poucas arbores
os bidueiros deste parque
fillos doutros troncos livres
cecais do mesmo lonxano monte
da roubada pedra da xanela buraco

lariño

13-2-2012

a alameda e as bandeiras




un dia de verán
a alameda de compostela

sen festa sen manifestacion
sen faixas e sen bandeiras

hoxe estará sen follas
polo natural inverno
e cecais tamen mais triste
por outros contratempos

cecais agarde
esta irmandiña alameda

un verdadeiro encontro
sen faixas e sen bandeiras
sen fouces e sen estrelas

pola cultura pola matria
e pola terra

o cronista

12-2-2012

turismo e memoria




outra estampa

da cruz dos caidos do castro
e teremos que sacala
e escribir sobre ela mais veces
mentres siga en pe

outra noxenta estampa
da cruz do monte castro
co turismo de vigo
en vigo o turismo
e o defendido terror
terrorismo

o cronista


10-2-2012

letras grandes e pequenas




quen fai a lei fai a trampa

di a tradicion oral

as leis
son os aparatos da xustiza
e a chamada xustiza so é
un dos grandes aparatos
do poder e do sistema


e a historia con letras grandes
case sempre a construen os vencedores
pero nos somos das letras pequenas
da resistencia e da memoria

o cronista

Distribuir contido