28-6-2022

paxaro e marco


o paxaro póusase
sobre o marco da finca
e cara adentro e cara afora
e diante e detrás del
todo é seu




26-6-2022

entre nador e melilla

 

áfrica chora polos seu fillos
áfrica é o meu unico amor
pintóu un ninguén nunha pedra
no monte gururú dos inmigrantes
da vila fonteiriza de nador

entre nador e melilla
represor e asasino estado marroquí
cómplice estado e goberno español
e cómplices mafias de traficantes
entre melilla e nador
entre áfrica e europa


outro ninguén


 



24-6-2022

a noite as brasas


a noite as estrelas
no interior da ría
a lúa e a fogueira

das chamas ás brasas
os froitos da nai terra
polo solsticio de verán
cumpridos chegan ás mesas

ofrendas e versos
baixo a música angolana
encontros e despedidas
e a colectiva queimada

en fixón negros
co espaço vivo


16-6-2022

paco do uf


                 a luís e rafa

paco do uf que longo
tempo de cafés e músicas
de exposicións e películas
longo tempo de conversas

paco do café uf
e do negra sombra
que breve seguíu
a túa vida fóra do café

longo tempo compañeiro
boa viaxe boas sombras 
e saúdos ao espírito
do vello loureiro do patio 

manolo pipas



12-6-2022

ninguens


ninguéns
as excluidas
os desaloxados
as migrantes
os bombardeadas
as violadas
os desaparecidos …
non hai nada que produza
tanta pobreza e miseria
como o capital e as guerras
a otan putin e os vaticanos


. . . . .

 . . . . . .

ninguéns

os excluidos 
as insubmisas
os camiñantes

as resistentes
as persoas comunais


apuntes e lembranzas
dunha intervención poética

onte no evento dos ninguéns
cos textos día do medio ambiente
até o corenta de maio
de mariupol a tinduf
cantos e traxedias gregas
e o noso colapso

manolo pipas
 

24-4-2022

esta guerra de benedetti


Esta guerra no es cosa del destino
es ansia de matar / tan sólo eso
a mujeres y niños ex profeso
y a todo el que se cruce en el camino

cuando el amo del mundo es un cretino
borracho de petróleo y siempre ileso
de su culpa convicto y no profeso
ha aprendido el manual del asesino

todas y todos somos candidatos
a sufrir la piedad que deteriora
dondequiera habrá trampas y arrebatos

y otras palizas a la pobre tierra
y con Biblia Talmud Corán y Tora
siempre habrá un dios para apoyar la guerra

mario benedetti

21-4-2022

da tribo das figueiras


nos últimos anos
morréronnos dúas figueiras
unha das máis novas
e a figueira mediana
fillas da árbore dos figos
máis vella do camiño de figueirido
de onde somos orixinarios
que agora está a morrer

mal sinal
pero gomaron con forza
as súas outras fillas

 

 

04-4-2022

de mariupol a tinduf


por mariúpol e alepo
por ayotzinapa e kabul
por gaza e lampedusa
por melilla e tinduf
parecidas as miserias e crimes

entre mariúpol e alepo
entre ayotzinapa e kabul
entre gaza e lampedusa
entre melilla e tinduf
parecidas as miserias e crimes

de mariúpol a alepo
de ayotzinapa a kabul
de gaza a lampedusa
de melilla a tinduf
parecidas as miserias e crimes

 

10-1-2022

silencio voz memoria


o silencio da terra
o silencio dos esqueletes
das fosas comúns que se abren
o silencio que se levanta

da voz ás memorias
das persoas desaparecidas

a escuridade das fosas comúns
que se abren que se levantan
da luz á memoria dos crimes
das inxustizas da verdade...



31-12-2021

cravos con braulio


graciñas polos cravos
vermellos braulio

cravos en asemblea
coro de cravos
coa estreleira

das aulas do manuel antonio
ás terras de corcoesto
cantas xustas travesías
por picar canta inxustiza

cantas causas por galiza

e outras terras e ventos 

graciñas polos cravos
vermellos braulio amaro


manolo pipas 


Distribuir contido