Xuño 2010

30-6-2010

o barrio e os marxinados

todos somos iguais no noso barrio
no barrio todas somos ben diferentes
a orixe o traballo a casa as ideas
para uns somos persoas para outros xente
uns que chegan e outras que se van
e unhas poucas están aquí desde sempre

uns que non saudan nen no ascensor
outras tres veces danche os bos dias
uns que arrastran a sua tristeza
outras que camiñan con alegria

pero hai veciños nosos que non teñen vivenda
e outros que por aqui so están de paso
e que non teñen nen un teito onde dormir
e son os nosos excluidos os nosos marxinados

todos somos iguais no noso barrio
no barrio todas somos ben diferentes
hai tendas parques escola e centro de saude
uns espacios que todas as persoas merecen
e para completar este ou outro barrio
tristemente fainos falta un bo albergue

tarde do 30 de xuño

visita ao barrio de s roque e doblada
e parece que mañan hai manifa
contra un posible albergue

30-6-2010

pequeno espacio de liberdade

a praia e os corpos



o areal da fontaiña

é un pequeno espacio de liberdade

de liberdade reducida e controlada



na praia da fontaiña

solitarios parellas familias grupos

e un neno xoga a dar masaxes

no corpo espido da sua nai

e outra nai tamen está deitada

e a sua filla xoga cos seus peitos



a praia da fontaiña

é un pequeno espacio de liberdade

que pode seguir medrando


ultimos dias de xuño

29-6-2010

os ollos de laila

os teus ollos son fermosos / a tua ollada mui estraña
estás seria ou estás triste / que che pasa

está lonxe a tua terra / canto pesan as lembranzas
os teus ollos que me contan / que se calan

tes unha nova familia / e danche unha nova casa
e falas da tradicion / da palabra

os teus ollos que contentos
que xa estás embarazada
cantos fillos queres ter
ai rapaza

desculpa a miña pregunta / desculpame esta tonada
quen son eu podes pensar / miña laila

muller de lonxanas terras / que coidas adelfas brancas
porque vistes sempre escuro / ai rapaza

ese niqab que ti levas
case todo o corpo tapa
e dubido dos teus ollos
miña laila

manolo pipas

ollei unha foto dunha posible laila
e marchei pensando nos seus ollos
e foi saindo esta tonada



28-6-2010

hondureños

un compa de honduras llega
para hablar de su pais
otras gentes del mais
otro pueblo que se entrega

indigenas y mestizos
pueblos mesoamericanos
de tantos golpes cansados
morenos lacios y rizos

guatemala y belice
nicaragua el salvador
y en el medio otro cantor
hondureño que se dice

diego minas
oaxaca 6-10

a un año del golpe de estado
nos siguen dando golpes


















27-6-2010

frida e os espellos

,

os espellos e frida
e cada autorretrato
como un novo espello

de tlalpan e cuahutemozin
un golpe seco e brutal
e unhas brutais laminas

áridas paisaxes e mui frias habitacions
a mascara e a soedade

a revolta interior e a revolucion colectiva
o autorretrato e o mural

a blusa e a saia tehuanas e no medio
as cinturas feridas das mulleres de mesoamerica

a mascara e a soedade
o autorretrato e o mural
a frida e mesoamerica

oaxaca 4/07

onte a noite no negra sombra
penultimo acto organizou un recital

e botei uns versos como estes dous poemas
do libro a milpa e o paliacate

27-6-2010

os botons e os circulos

oito fileiras de botons

e outras dez en vertical

e saen oitenta circulos

que nesta terra te coidan

güerita



azuis marelos e brancos

verdes bermellos e ocres

pero so catro botons negros

cecais porque o seu fondo

é desa gastada escura cor

güerita



saían como oitenta circulos

pero che faltan seis botons

ke se perderon ke te levaron

como seis posibles historias

que cecais ti mui poc a poc

nos vaias contando algun dia

güerita

cidade de mexico 2-08
26-6-2010

cantiga dos caramuxos

este modesto lokal grande
defensor dos bichos
a uns colegas caramuxos
ofreceu o seu palquiño

son seis musicos mariños
teñen dous pares de cornos
e moi arrastrada vida coa
casa sempre ao lombo

cando hai algun problema
meten pra dentro a cachola
corren rapido a cortina
e agardan que pase a cousa

din que son tamen babosos
e chupar chupan bastante
nuns paus con moitos buracos
pra sacar notas brillantes

instrumentos atopados
no naufraxio dunha orquestra
que o mar botou pras rochas
porque eran de madeira

os aplicados rapaces
neses paus moito fozaron
e nun curso de internete
foron quen de dominalos

sos chamados clarinetes
os mariños instrumentos
esta cova hoxe presenta
a caramuxo en concerto

os caramuxos ficharon
no acordeon un polvo
e un choco na percusion
pero éste xa é outro conto

cova dos ratos 1-2001

da actuacion dos amigos
e deste vello poema lembreime na cova
unha noite falando con outro musico
e penso que vai ben logo
da cantiga do outro animaliño

o cuarteto de seis ou sete
segue sacando a sua cabeza nos palcos
e caramuxo tamen sacou salgado disco

25-6-2010

unha verde cousiña




nunha poza mui pequena

que ten unha pouca auga
hai un chiquito animal
que ten unha estraña ollada

nunha poza diminuta
na auga hai unha planta
nela unha verde cousiña
vai botando a sua tonada

nunha poza ben pequena
nun nenufar cor laranxa
dia tras dia a chiquita
ela salta canta e salta

ai verde raiña verde
nunha poza nunha fraga
conta historias de cativas
que viven en verdes casas

dia tras dia as historias
de casas de verde palla
casas de madeira e barro
descobres nas suas tonadas

nunha poza mui pequena
que ten unha pouca auga
ai verde raiña verde
nun nenufar cor laranxa

dias antes do solsticio

a verde raiña verde é unha ra pois
e tamen unha poza infantil ecoloxica
digo unha ecoloxica infantil tenda



24-6-2010

as fogueiras e as mamurras

uns poucos corpos
xuntamonos darredor dun lume
ceamos falamos rimos e ollamos as estrelas
e contamos algunha historia do solsticio de verán
no val do rio barbeira

na noite das fogueiras por euskalerria
hai un costume de repartir caixas pequeniñas
e cada un antes do lume esconde aberta a sua

para que nelas entren as mamurras

e a partires das doce da noite
cada unha pode recoller a sua caixiña
e sen ollar dentro pode pechala e gardala

falase de mamurras que vivian no rio
e pola tarde saen del buscando as fogueiras
e outras que saen das covas ou baixan dos cumes
e falase de tres posibles mamurras por caixa
e tres desexos que podes pedir ao longo do ano

esta noite no val do barbeira
tamen xogamos cunhas caixiñas
a ver se por aca tamen hai mamurras

val do barbeira
noite do 23 ao 24 de xuño
23-6-2010

solsticicio de verán

o paso da primavera ao verán
o dia mais longo do ano
o solsticio de verán
a noite mais curta dun ciclo
a noite das fogueiras

o paso da primavera ao verán
o pequeno espacio de tempo
no que din que confluen
mais enerxias do cosmos

o lume como reflexo
e imaxe do pai sol
a queima do que sobra
do que queremos deixar atrás

o solpor
a noite sen durmir
e no mencer
a saltar sobre as brasas

e a auga das ervas do solsticio
que maceraron toda esa noite
para lavarse e purificarse no mencer
horas antes do solsticio
22-6-2010

graciela de sarandí

tango-cancion

a la memoria de graciela pane

Voy caminando despacio
por una calle sin tiempo
y las esquinas comentan
angustias del barrio viejo

Graciela de Sarandí
poema, amor y colegio
paisaje de casas pobres
que se besan con el viento

El latido de mi alma
se trepa por los silencios
para saber en que grito
madrugará tu recuerdo

Donde está tu risa joven?
Donde tu barca de sueños?
Quien desgarró tu coraje
de manantial y misterio?

Por este lado del puente
en la orilla del riachuelo
Graciela es una canción
que no detiene su vuelo

horacio ramos

poeta argentino de avellaneda
autor de serenata al sur del riachuelo
textos grabados polo grupo octubre con mirian
e logo se sumaria a outra canyenga isabel

20-6-2010

canyengue de duas nostalxias

canyengue deunos unha gran velada
pero isto penso que non vos sorprende
os seus tangos foron ben envolventes
case chegamos ate o rio da plata

dinlles e reciteilles o seu poema
encheron o café e os corazons
de argentina e uruguai as paixons
con todos os ritmos da guardia vieja

canyengue isabel miriam e ailén
vibran as notas voan as melodias
aí vai o tango na sua travesia
busca o mar e zarpa polo berbés

o cronista
no cafe caribia na madrugada
do 20 de xuño dos correntes