Marzo 2011

31-3-2011

de nucleos e enerxias


delicados complicados

conceptos nos que reparar

a fusion é un cambio de estado

o reactor é un corpo que volve a actuar

a enerxia é unha forza activada

o nucleo é a parte central do atomo
o corazon pois

cantas fermosas palabras
e para que ?




antes dela
nos xa tiñamos
bastantes problemas

lembras hiroshima ?
servirá para algo
esta fukushima ?




30-3-2011

pan de mortos e vivas

a chava e odette e familia



este que vai na imaxe

é un pan de mortos
do texcoco do anahuac

masa á que din forma
convidado nunha casa
un trinta de octubre

a foto é de hai un dias
ano e medio despois
deste traballo colectivo

a avoa e texcocana familia
fixeran masa e forneado
e cada un de nos uns pans


eu deralle forma á mazorca
á calabaza á estrela ...
que nos fomos comendo

e dinlle forma a este ser
que quixen gardar comigo
sen pensar que durase tanto

ser que das miñas mans sae
a miudo en forma de papel
e que vou regalando


29-3-2011

no medio da musica


un dia de sol

no medio da semana
mediado xa marzo
na cidade medio dia
no medio da rua
a musica

musico da rua
do escenario musico
no medio da rua
un medio de traballo
precario

medio dia
na rua
melodias

no medio da rua
a rua tamen é
unha escola

musico e arpa
dous corpos nun
duas mans
trinteseis cordas
para dez dedos

medio dia
na rua
melodias

a 17 de marzo

mañan 30 david muñoz
actua na noite en vigo
na cantina candela


28-3-2011

da reconquista e outras guerras


imaxinadevos por un momento

que este planeta e as suas civilizacions
duran outros douscentos anos mais
ou un pouco menos que eses poden ser moitos
imaxinadevos que no espacio fisico
que agora ocupa o estado chamado  libia
hai unha festa cunha representacion teatral
dalgunha guerra do seu pasado
imaxinadevos aos habitantes
deste pais nun hipotetico futuro vestidos
como os civis do seu pasado que é o noso presente
vestidos de militares do exercito e do bando revelde
e vestidos de militares ingleses yanquis españois
e franceses como estes que imitaron
nesta imaxe da festa da reconquista de vigo
que lembra as batallas de hai douscentos anos

din alguns historiadores que hai douscentos anos 
os militares franceses trouxeron morte a este pais
pero que os civis que viñan con eles
traian mellores formas de vida que as do rexime
e preguntome que levan estes dias a libia
os militares que bombardean as suas cidades

onte logo das representacions
noutra praza o grupo aquella cantou
o poema de celso emilio irmaus

27-3-2011

pasei polo teu barrio

palabras na memoria
de berto gonzález poza



o mercores pasei polo teu barrio
e desvieime do camiño para facerlle
unha foto a vella arbore da doblada
aí segue como simbolo como memoria
dun tempo que tampouco nos vivimos

o xoves estiven nunha convivencia
e preguntei por ti e removimos aquel tempo
o tempo dos insubmisos e dez anos sen mili
e este decrepito pais xa se meteu noutra guerra
e lembramos o teu outro tempo da ceramica
esas mans que sacan novas formas berto
e falamos dos amigas comuns e das crianças
que coma onte nos xuntan nunha casa amiga
e falamos tamen dos outros que se foron
e de lonxamos paises das viaxes da memoria

o mercores pasei polo teu barrio
e desvieime do camiño para facerlle
unha foto a tua vella arbore da doblada
necesitaba esta imaxe para acompañar
uns versos que ainda non naceran
que agardaron estes poucos anos para sair

26-3-2011

poetas en radio piratona


o colectivo a porta verde

publica no seu espacio da rede
unha colectanea de imaxes        
dun recital na radio livre piratona

poetas ao micro cos seus versos
e coas desventuras do colectivo
dos libros e das presentacions
da republica portaverdiana

e imaxes cotiás do encontro
para grabar esas palabras

nas paredes da radio cartaces
de eventos e contraventos
de encontros e desencontros
de asambleas ceas entroidos
e outras mascaradas

os poetas do publico setimo andar
falan das suas cousas no baixo
clandestino da radio livre piratona
e un dos compañeiros olla nas paredes
os seus propios fantasmas


25-3-2011

baleiro anfiteatro


o noso anfiteatro está baleiro

digamos que nel non hai publico
no seu palco hoxe non hai musicos
e tamen baixou o telón do inverrno

ai castrelos co seu anfiteatro
as suas bancadas están baleiras
a luz vaise movendo sen presa
as arbores os seus gomos botando

escoito a musica coa lembranza
destas bancadas cheas de enerxia
de bo publico entregado en travesia
nunha libre embarcacion verdibranca


24-3-2011

tempo realidade e desexo


voume meter na cama e primeiro

penso en poñer un pouco de musica
e logo decido coller un libro para reler
unha antoloxia do poeta luis cernuda

leo un poema de donde habite el olvido
e dentro del como noutros dos meus libros
hai un marcalibros  que é un calendario
dunha estancia na cidade de  barcelona

ollo o seu ano e é o noventenove
e o libro está asinado no oitentesete
case dan vertigo fixar estes tempos
esta cidade visitada e non lembrar onde
antes merquei esta tremenda antoloxia

a realidade e o desexo son as palabras
que definen a poesia de luis cernuda
e xa estou a escribir este poema que ledes
xa poño unha musica que me acompaña
milongas do rio da plata fados do mondego

os poemas as musicas e o tempo
as marcas destes marcalibros
a realidade e o desexo
 

23-3-2011

haikus de benedetti


si en el crepúsculo

el sol era memoria
ya no me acuerdo


la muerte invade
de vez en cuando el sueño
y hace sus cálculos


pasan misiles
ahítos de barbarie
globalizados


a nuestra muerte
no conviene olvidarla
ni recordarla


puedo morirme
mas no acepto que muera
la humanidad


como disfrutan
en un bando y en otro
los asesinos


bueno sería
que las mafias se fueran
a otro planeta

mario benedetti

selección de poemas
do libro rincón de haikus
tamen como unha cronika
da penultima guerra

21-3-2011

estamos en guerra




primavera 2011
estamos en guerra


estas tres palabras
gasta
das polo tempo
foron escritas polos insubmisos
hai doce primaveras
contra a guerra de kosova

libia agora libia
e voltamos a estar en guerra
o estado español está en guerra
e aporta varios avions de combate
unha fragata e un submariño
canta destruccion e morte aporta ?

unha nova guerra
polos dereitos humanos
pola liberdade e a democracia

primavera dous mil once
estamos en guerra
polo gas e polo petroleo GuerrA



20-3-2011

polos dereitos humanos




cuarta cronika

da penultima guerra

guerra
unha nova guerra
din que van liberar ao pobo libio
e porque non liberan tamen
ás saharauis aos palestinos
aos chiapanecos ás mapuches
e a outros pobos que tamen
merecen eses dereitos humanos

polos dereitos humanos e a paz
desobedece todas as guerras



20-3-2011

lua chea


lua chea

enteira completa
desta volta ainda
mais perto da terra
vese inmensa

pechado un ciclo
outro que se abre
e segue o camiño

lua chea
e xa primavera