Septembro 2011

30-9-2011

adicando




na noite o autor

logo dun colectivo recital
e logo das conversas
nunha mesa e polo paseo da vila
á beira da ria apoiado nunha farola
escribe unhas palabras

na noite á beira da ria
unhas palabras no seu libro
para unha compañeira
sen saber que é retratado
a pouca distancia
por outros amigos ollos

noia-vigo

imaxe de pasadas luas
feita polo poeta forxador
miguel angel alonso


28-9-2011

dunha muller




esta fotografia

chamoume a atencion
na parede dun lokal social
nas aforas da cidade de mexico
e trouxena comigo

esta imaxe
tan envellecida polos anos
unha protesta unha proposta
en que cidade en que tempo
a enerxia desta muller
da que quixera saber algo


27-9-2011

azul entre verdes




as distintas arbores

bidueiro carballo freixo
da devesa da rogueira
cos seus distintos verdes
deixan un pouco de azul
entre elas 

imaxe
e lembranza do courel
e uns versos de saudade

26-9-2011

monumental barbarie




na monumental de barcelona

onte foi a posible ultima tourada
nos territorios de catalunya
con presencia activa fora da praza
de taurinos e abolicionistas
pero os animais non puderon
amosar a seu sentir

os rabiosos taurinos choran
pero non porque os golpeen
e din que perden un dereito
o de torturar e matar

o cartaz desta corrida
é do artista miquel barceló
outro famoso mais que da a cara
como sabina bosé serrat...
outro mais que considera
a tortura e a matanza un arte

a monumental de barcelona
e as suas cobardes xentes 
un monumento á barbarie

o cronista


25-9-2011

pegadas na cova dos ratos




as pegadas das mulleres do mar
na necesaria friaxe da mañan

as pegadas da infancia
e a bretema que nos invade

a pegada do eclipse
e das raizes aereas

as pegadas na eira da joana
neste o noso ano dos boscos

as pegadas sempre azuis
as nosas biografias pegadas

manolo pipas

texto fiado onte á noite
cunhas pequenas secuencias
dos textos recitados das pegadas



24-9-2011

nun principio está o café




Nun principio está o café

e os xornais con sangue quente
esvarando entre as palabras

Logo finxir oito horas epagar
o aluguer
facendo coma que
un é un bo e respetable cidadán

Xa por fin, ao final de todo
tratarase de durmir
ou ver pornografía na TV
no plus ou telecinco

e agardar que maña sexa
a fin do mundo ou sábado

miguel alonso fernández

texto do colectivo libro
pegadas do sétimo andar
que se presenta hoxe na cova

23-9-2011

afrodita de pegadas




Afrodita dorme.

Exiliada nun penedo de mármore
con escuma de mar reseca
e os corais fendéndolle as trenzas.

Coroada de lúas, cala e sofre
érguese inocente na propia culpa.
E cerra en falso a ferida
que vai matando.

Afrodita dorme,
na Terra das desidias
coas xanelas abertas...
   por si acaso.

E mentres tanto o mundo
baila o ritmo do tango...
   esquecéndoa

asun estévez

texto do colectivo libro
pegadas do sétimo andar
que se presenta mañan

22-9-2011

libro das pegadas




presentacion de pegadas

colectivo libro da porta verde
na cova dos ratos
sabado 24 as nove da noite

pegadas no setimo andar
poemas e relatos
de trintesete voces
o libro das pegadas

Aurelino Costa, Asun Estévez,
Alberto Augusto Miranda, António
Pedro Ribeiro, Baldo Ramos, Miguel Ángel
Alonso Diz, Bruno Miguel Resende,
Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro,
Lino Braxe, Lois Magariños, María Elvira
Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán,
Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei,
Marília Miranda Lopes,  Manolo Pipas,
Xoán Carlos Domínguez Alberte,
Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside,
Fátima Vale, Alba Méndez, Marta Pedrosa Agra,
Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara,
Xosé Daniel Costas, Xoán’ma Rial Rodríguez,
Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas,
Lucía Novas, Ana Cibeira, María N. Soutelo,
Rosa Enríquez, José Fontes Novas,
Xavier Vásquez Freire,  Xurxo F. Martins.



21-9-2011

froitos secos outono




entre o vran e o outono

nesta lua de setembro
tempo da recollida
dos froitos secos

tamen á beira da ria
nestas terras maltratadas
as aveĺás dan paso as noces
e logo virán as castañas

benvido amigo outono
froitos secos secas follas
humidos e redondos soños


20-9-2011

luz fandiño poema




Coido que son

licenciada na dura
carreira da vida
Fiquei matriculada
antes de nacer
foi moi dura 
a aprendizaxe
simplemente para ser
unha muller
As miñas aulas
foron as cociñas
e os retretes
Alí coñécese
a dureza dos mestres
son os mesmos :
Arxentinos
            Españois ou
                            Franceses
cuspen sadicamente
os meus suspensos
Así, nos libros de texto
dos innumerábeis
e anguriantes sufrimentos
fun gañando
as medallas de prata
que levo nos
meus cabelos

luz fandiño

compostelana
de ida e de volta
texto do seu libro
escolma de poemas


18-9-2011

a praza e o tenis




a praza de touros

o chamado ruedo e coso
a filla do anfiteatro romano
nos ultimos tempos tamen é
un espacio ocupado para concertos
e partidos de tenis como estes dias

esta praza da imaxe
esta praza hoxe de tenis
impresiona pero da medo

cada un destes espectaculos
fica manchado de sangue
como a historia do recinto
e sobre todo polos comentarios
dos presentadores das retransmisións
e dos redactores dos periodicos
chamarlle espadas aos tenistas
falar da cornada recibida pola equipa
falar de entrar a matar
escribir e falar de dar a puntilla

outra cousa sería
abolir as corridas de touros
e eliminar da nosa fala
todas esas noxentas expresions
e empregar estes espacios
para a musica e o deporte
so para a autentica cultura pois

hoxe ao final dos partidos
un dos tenistas españois
puxose un traxe toureiro
para saudar con el ao publico!
equivocariase de traballo?
chegarán a facer touradas
nos campos de tenis ?




17-9-2011

de ondas e nubes




a maré

está moi baixa
nesta mañan gris
da urbana praia

tamen as nosas ondas
parece que se retiraron
moito desta volta

tamen a maré baixa
ten un punto de tristura
e mais hoxe con pouca luz
por estas nubes escuras

o pasado domingo