Decembro 2012

31-12-2012

recortada cea 2




para a cea de hoxe

desta noite envolvente
do chamado fin de ano
da era da espada e da cruz
nesta globalizada data
propoñemos un enxebre
e castizo menú centroeuropeo
e tamén hai salchichas
vexetarianas

non despidades o ano
contratadeo por horas
unha aperta
e proveito compas

envolventes

31-12-2012

31 do 12 do 2012 !?




trinteun de decembro

do ano dous mil doce
o ultimo dia deste ano
ou ciclo desta era pois
asi ouhhh que ben

para os mayas estamos
no dia 10 da era do sexto sol
este é o ano 1433 para o islán
para os budistas o ciclo 2556
o ano 4709 para os chineses
para uns hinduistas o 2055
ou o 7512 segundo se mire

pero nestas eras
son as relixions e os imperios
as que marcan principio e ciclos
e nós seguiremos camiñando
coa terra coa lua co sol 
coas mareas cos ríos...

coma dixeron hoxe os compas zapatistas
eles non nos necesitan para fracasar
nós non os necesitamos para sobrevivir
e nen guerra que nos mate
nen paz e consumo que nos opriman
unha aperta

envolventes


30-12-2012

palabras secretas




palabras secretas

unhas poucas palabras
de tras-misión oral
a misión que ven de atrás
que ven de tan lonxe    
ese manter a memoria

o acompañamento
das palabras secretas
da sanación á fertilidade
esas palabras curandeiras
a tra
s-misión dentro da comunidade
esa ponte e esas augas do barbeira...

palabras secretas
entre o día e a noite
da primeira á ultima tribo
ese ritual que ven de tan lonxe

manolo pipas

pola mostra de documentais
de onte na cova dos ratos
que podedes atopar en
palabrassecretas.com



29-12-2012

o paxuriño e a memoria




nunha barriada nova de lavadores

onte as sete e media da tarde
o paxuriño rodeado de libros
ponse a falar a contar historias
el aínda é un papaz de aldea
que coma tantos de nos ía e vai
das parroquias a vigo para mirar cangas
e o paxuriño ten a mirada ben profunda
pero agora ven de compostela a vigo
a mirar e a compartir a memoria

na infancia para nós case todo era grande
moitas cousas estrañas e algunhas maxicas
e conta que aquelas mulleres de negro
que perto do mencer baixaban de chan de brito 
e baixaban do freixo e cruzaban s andrés
para ir ao vello mercado de bouzas
para el eran coma da santa compaña...

antes e despois da contada
falamos dous ratos daqueles anos
do negra sombra do reloxio da caixa de aforros
e da memoria de comesaña de coia e de matamán
dos poetas e das palabras esquecidas e secretas
foi en lavadores na biblioteca xosé neira vilas
aquel rapaz de aldea...

as dez en frío e vento da noite
xa en vigo pasei polo paseo cheo de luces
e cando o negra sombra no gran reloxio sonaba
pesoume a memoria e o presente e senteime
no escuro paseo
a escoitar a melodía
e ollar aos camiñantes
e cantar a letra
baixiño sen molestar a ninguén


seguiremos indo a vigo para mirar cangas
e seguiremos parandonos coa negra sombra
si paxuriño avelino
o corazón a saudade

manolo pipas

28-12-2012

delirios berlin porto samil




foi perto da miña rua

outra vez no bar hipólito
o piano baixou da cociña
para á entrada do lokal
a batería xunto á barra
sobre unha  alfombra
máxica de redondela
o contrabaixo xustiño
baixo o reloxio de parede
saxo e traveseira voaron
desde a rua de moreira...
o cuarteto e todos nós
coa lua atravesados
no barrio das travesas


o ceo de berlín
non ten moito azul
e tampouco ten ría
que soños que delirios
tiveche pra deixar o sur
coas tuas baquetas lucía

as flores de jacarandá
e un vinho de porto
nos ceos de berlín
vagalumes de papel
os delirios e os soños
nas ondas de samil

lariño

soños e delirios lucía
martinez pedro neves
joâo pedro brandâo
carl minnemann


28-12-2012

decima da lua chea




neste principio de inverno

a lua que xa vai chea
van mais bravas as mareas
segue ordenandose o tempo,
as nubes a chuvia o vento
medran paseniño os dias
e buscamos alegrias
no medio de tantas crises,
van escurecendo os grises
unha aperta desde a ria

lariño



26-12-2012

mbmtrio mar e jacarandás




o tempo do jazz é outro

son outros os ritmos
as ropaxes os adornos
que paran este reloxio
ai os camiños

antonio coa guitarra
que te amarra
bate a bateria
luz de lucía
sen palabras baldo
todo un canto

primeiro foi o concerto
no bar hipólito
logo foi o disco
e no fondo do mar
florecen as jacarandás

lariño

para MBMtrio
por concerto e disco
lucia co seu cuarteto toca
mañan xoves nove da noite
no mesmo bar hipólito
imaxe carlosdeteis



25-12-2012

tres botellas




tres botellas tres

abandonadas nun rincon
banco de pedra abandonado
abandonadas estas casas

estas esquecidas botellas
de viños e licores
en cantas ceas e xantares
elas participarían

cecais tamen nos ultimos
destas abandonadas casas


nas chozas

lariño



24-12-2012

recortada cea 1




para a cea deste dia

da envolvente noite
este espacio propón
un castizo e escuro
e recortado menú

a imaxe é dun lokal
da barriada de teis
pero tamen tedes
chourizos vexetarianos

coma calquera outra
e a ver se nos deixan
esta noite debe ser boa
proveito lectores lectoras
unha cálida aperta

envolventes



24-12-2012

a copa e o recital




a copa está baleira...

non pensaba escribir

sobre o recital do sabado
que din estivo chingón
pero non me quero repetir
nos versos e no relato
e faltabanme as imaxes
de como nos ven os compas
que chegaron hai un rato
pero tampouco queria
publicar un primeiro plano

o bar hipolito é un lugar especial
especiais as parellas e compas
que viñeron a escoitarnos

como esta copa
que antes estaba chea
o recital debia estar acabando

logo seguimos a plática
e hai mais sentires e imaxes
que van ficar entre nós
un abraso

manolo pipas

imaxe do recital e a copa
carlosdeteis.blogspot.com


22-12-2012

zapatistas na nova era maya




“A quien corresponda. ¿Escucharon?

Es el sonido de su mundo derrumbándose.
Es el del nuestro resurgiendo.
El día que fue el día, era noche.
Y noche será el día que será el día”

nunha data que miles de incautos
creron que o mundo remataría
as comunidades mayas bases de apoio
do ezln ocupan pacificamente e en silencio
as ruas e prazas da vilas e cidades de ocosingo
altamirano margaritas san cristóbal e palenque

foron uns corentamil compas
moitos camiñando baixo a chuvia
e outros moitos por falta de transporte
non puderon achegarse ás cidades

en cada un dos espacios reocupados
tzeltales tzotziles ch'oles tojolabales
zoques mames e mestizos marcharon
cos seus tradicionais paliacates
e pasamontañas en fileiras e en silencio
mulleres e homes e novos na sua maioria
pasaron sobre o templete en cada cidade
e ergueron os seus puños
esa foi a expresion mais simbólica
de toda a movilización

logo volveron ás suas comunidades
a sua selva ás suas montañas

imaxe baixo a poalla do inicio
dunha das marchas no mencer
radiozapatista.org

21-12-2012

solsticio luas e ciclos




contamos as horas

os dias e as noites
os meses ou as luas
as estacions e os anos
as decadas os seculos
os milenios ...
e por que e para que !?

este 21 de decembro
con este solsticio de inverno
vai rematar un novo ciclo
da conta longa dos mayas
e vai rematar unha era

estamos entrando
na era do chamado sexto sol
e desde hai unhas luas
estamos nun tempo de cambios

o solsticio
as luas os ciclos

envolventes

na imaxe de xaneiro do 08
duas rapazas tzeltales mayas
nunha comunidade zapatista
do rio de auga azul de chiapas