Marzo 2013

31-3-2013

as nosas palabras




pola mesma causa

destas xentes desta terra deste vento
os dous traballamos coas palabras
ben distintas as palabras nosas
ben distinto o seu ritmo e destinatario
pero as duas igual de necesarias
as palabras de denuncias e defensas
de cronikas e poemas
compañera e amiga licenciada

manolo pipas

desde o campamento e barricada
a praia vicente na defensa do istmo
imaxe doutra defensa desta terra
http://tierrayterritorio.wordpress.com/

31-3-2013

la leccion del maestro




el maestro no da clases

más tiene una lección nueva
desde lejos sin alumnos
va a seguir haciendo escuela

el maestro está escapado
por ser pueblo y compañero
por defender la palabra
que no se llevará el viento

el maestro está escondido
porque aprende y es alumno
de los pueblos y la tierra
por pensar en su futuro

el maestro amenazado
por unas transnacionales
que andan robando el viento
de nuestras comunidades


el maestro rodrigo está
escondido amenazado de muerte
la maestra bettina en europa dando
su leccion de pláticas de la resistencia
y desde hace unos dias el locutor bexe
de radio comunitaria totopo también
tristemente da su leccion escondido


poncho robles


30-3-2013

violencia en oaxaca




os novos muiños de vento
son verdadeiros xigantes
e cada unha das suas aspas
é como un inmenso puñal
que se clava nas comunidades

as transnacionais mareña renovables
e union fenosa-gas natural e outras
cos seus complices politicos do pri e pan
golpean aos pacificos comuneros
con desaloxos violentos paramilitares
e ameazas de morte

o ultimo espacio ameazado
é s dionisio do mar e dezaseis comunidades
opoñense ao devastador proxecto
sobre as lagoas dos pescadores huaves ikoots

moi perto en juchitán a comunitaria
radio totopo sofriu sabotaxes e roubos
e a barricada na defensa do territorio
polo camiño de juchitán a playa vicente
que xa leva mes e medio sofriu estes dias 
a violencia de mil dous centos policias

onte na cidade de oaxaca
foron detidos david alebrije
e pablo gallo compas do movimento
acusados dun estupido delito inventado

o represor presidente de mexico
vai visitar oaxaca estes dias
e a violencia camiña diante del

cronika urxente

30-3-2013

todo era vida




nesta chaira do istmo

entre juchitán e a ventosa
matorral arbores
charcas animais...

todo era vida orixinaria

nesta chaira do istmo
á beira da estrada
os cultivos e o gando
as aldeas a universidade...
novas vidas que se sumaban

nesta chaira do istmo
entre juchitán e a ventosa
a beira da estrada
e dunha comunidade agora
xa non todo é vida

polo istmo

imaxe desde o bus
saindo de juchitán
cara suchilapan


30-3-2013

a flor e os espiños




a solitaria bermella flor

entre dous aramios de espiños
polo antigo potreiro tomado
que se comeu a selva
e que agora son pequenas fincas
nas que medran as casas

dous dias nunha comunidade
catro anos despois
con esta familia amiga
as plantas que outros arrincan
as arbores a nova cociña
o sobrinito e o obradoiro
de dragonciños de papel

dous dias o tempo
que o vento me da
o vento e os muiños
os aramios e a flor

en suchilapan
a maribel e familia


29-3-2013

do café do país das nubes




o café ao pais das nubes

chegou da outra beira do charco
pero para alguns dos nosos compas
é tan vello como o millo e o chile

no pais das nubes gostei
do seu café ben distinto ao noso
acá o tomamos moi suave
en grandes cuncas a todas horas
e con panela e canela pues
o café é a bebida que acompaña
nalgunhas comunidades
todas as comidas do día

no país das nubes nalgunhas viaxes
puiden apañar os grans do café
nas pequenas plantacions dos compas
e ás costas levei algun costal ou saco
puxen os grans a secar e recollinos
durmin entre sacos de café
na humida serra norte de oaxaca
dos compas zapotecas e ayuuks
que ao marchar me entregaban
algunha bolsiña de café moído

cheguei tarde para a colleita
pero en tlaxiaco me entregaron
café mixteco de yucuhiti
da comunidade do cerro vello
que esta vez non puiden visitar

estiven na cañada cuicateca
agora ando pola rexión do istmo
e o pouco café xa está colleitado
e sabroso está este café de ola...


manolo pipas

29-3-2013

casona matria




Otra puerta que de nuevo se abre

otra casona que estaba en ruinas
con la espiral de las comunidades
el patio que agarra nueva vida

Matria jardín terapéutico matria
casona del novecientos en murguía
diálogo entre matria y ciudad de oaxaca
tierra composta semillas agua plantitas

Hay más vida en el urbano huerto
de día chintetes y de noche cuijas
ellos en las paredes ellas en los techos
por acá viven estas pequeñas reptilas

Casona matria artístico espacio
espiral de culturas y travesías
escoge tu guacal tu planta tu arco
yo os dejo mi orgánica poesía

poncho robles

matria jardin terapéutico
calle murguía 103 oaxaca




28-3-2013

cancion de cuna




duermete chiquita duerme

cierra tus ojos y sueña
viaja lejos a otra tierra
diferente

pequeña duerme pequeña
abre los sueños viaja
será un barquito la cama
con dos velas

camina en sueños chamaca
solo lleva tu sonrisa
agua infinita y la brisa
cielo y  agua

poncho robles

en oaxaca a las compas
les nacieron puras chamacas
a julia lía yazira navani ita ...
imagen de los bordados
de manos de luz


27-3-2013

jazz galiza oaxaca




abe rábade ai ave

voas desde o vello sar
até a chaira do atoyac
nestas terras dos agaves

de compostela a oaxaca
o piano co seu trío
outro palco e desafío
vello jazz novas descargas

a modo pois con relajo
xira mesoamericana
so vos falta unha jarana
de invitada polos palcos

a modo pois
con relajo
trío abe
bruno e pablo

manolo pipas

abe rábade trio
actua hoxe as 8
teatro macedonio

texto publicado ao mencer
e logo fomos polo teatro
disfrutamos do trío en tres partes
a rolda de prensa onde lle botei o poema
a descarga do tremendo concerto
e logo os pinchos o mezcal e o viño
e a plática a modo con relajo...


27-3-2013

musicos da rua




o vello violinista

o cantor do trombón
os tres homes na marimba

as jaranas dos meus compas
o acordeón e a chamaca
e o cego guitarreiro
as musicas de oaxaca

na cidade vella
nestas feiradas datas
hai mais musicos de rua
máis tristes trovadas

primeiro botei a moeda
logo pedin permiso
para facer a foto
e seguin camiño

pola peatonal


26-3-2013

huizache arte vivo




proyecto huizache vivo

arte vivo de oaxaca
este arbusto simboliza
estos pueblos esta matria
el barro que cobra vida
lucero de la mañana
la sonrisa de la luna
esa milpa declarada

colectivo de artesanos
los cantares y las danzas
los calendarios el tiempo
jade ámbar y obsidiana
las tallas en la madera
aves y flores bordadas
el vuelo del zopilote
la memoria no se para

caracol lento y seguro
tierra viento fuego y agua
arte vivo del huizache
la asamblea la palabra

poncho robles

a edgardo y felix
arte vivo huizache
esta semana en el patio
de la facultad de derecho
alcalá con independencia


26-3-2013

trovador oscar chavez




hai unha semana cantou

o trovador óscar chávez en oaxaca
un dos grandes do pais e continente
na explanada da universidade
fun ao concerto e estivo ben
cun público moi entregado
pedironlle alguns dos seus clásicos
e con varios deles non se atreveu
pero non faltaron as suas por ti
macondo para garcía márquez
e hasta siempre comandante

alguns esperabamos máis do concerto
e enparte por iso tardou esta crónica
pero outros que non foron o sentiron
e díxome unha compa dias despois
triste por non saber a data e perdelo
daría un mes de mi vida
por ver a óscar chávez

manolo pipas

a guadarrama
andrea i noé