Novembro 2013

30-11-2013

duas chamarras duas voces




as brancas paredes da colorida

casa coa sua exposicion
de caricaturas de grandes pintores
as sillas coas escuras chamarras
das duas voces do país das nubes
os coloridos vellos farrapos
dandolle algo de calor á baldosa
o queixón de improvisado atril
para poñer libros e novos poemas

e o acordeón agardando
sair cos seus ventos novos

manolo pipas



30-11-2013

na casa colorida




vanse definindo as cores
nesta casa colorida
a cultura livre avanza
camiña por varias vías

coloridas as palabras
na casa fora do eixo
compartir a informacion
as cousas e os sentimentos

as paredes van cos libros
as musicas coas pantallas
as ideas e os sentires
nesta colorida casa

a máscara coas nubes
desta casa colorida
abriron as suas portas
aos poemas e as cantigas

versos recitados 
na casa con servando
e duas novas rimas
da colorida cea

manolo pipas


29-11-2013

as mans as cores




as mans os pinceis

as cores a mesa...

que lle pode decir
un pincel a outro
cando se encontran?

e que pasará
cando as cores
se toquen?


imaxe de manu
onte á tarde en galisan
na sesión de arteterapia

lariño





27-11-2013

leon dina e outras voces




escoito a león felipe

na voz e guitarra de dina rot
un vinilo do setentecinco
o seu retrato en branco e negro diante
e detrás os creditos de poetas e musicos
e unhas fotos cun fondo verde claro
moito crédito ten a compañeira

gabriela mistral león felipe

pablo neruda césar vallejo rafael alberti

nazzim hikmet héctor yánover garcía lorca 

violeta e isabel parra paaco ibánez
difícil xuntar máis palabra e sentimento
 
          .   .   .   .   .   .

atopei ao león felipe
ao solitario escritor atopeino
ao final da calzada dos poetas
no inmenso parque de chapultepec
na cidade de méxico debaixo dos freixos
nesa cidade que o acolleu duas veces
logo da revolucion mexicana
e despois da guerra do 36

do león moito me falaba a bertha
dos seus poemas dos seus libros
das suas versions de walt whitman
e de como o escoitou recitar
cando ela era universitaria
no último ano do poeta
ai naquel ano sesenteoito

manolo pipas


26-11-2013

portas e escaleiras




fría esta entrada da estación

logo de mornas palabras e poemas
e despois desas duas portas
a dereita baixan as escaleiras
pero por se acaso fun entrar
coma sempre pola porta esquerda

lariño


25-11-2013

violetas en movimento




o noso corpo

o noso territorio
livre de agresións
livre de imposicións
a vintecinco de novembro
dia internacional contra
a violencia de xenero

as mulleres marcharon
con ducias de paraugas violetas
hoxe que non chovía

sen chuvia e sen o sol
camiñaron
baixo os paraugas
coma cobertas e defensas
contra os machistas

violetas en movimento de vida



24-11-2013

labrego sobredo




os que de akí sodes

os que akí viñemos
os que akí estamos
todos e todas somos labregos
fillos ou/e netos de labregos

en sobredo estou estades
pisando aloumiñando a terra
e sen a nai terra nós
non somos case nada 

en sobredo a pedra
sobre a pedra o monumento
o granito da memoria

e esta coroa de loureiro
tamén honrando aquelas vidas
que se sublevaron contra os foros
pola identidade labrega


alguns dos versos recitados
esta mañán en sobredo cos poemas
memoria de sobredo publicados
neste espacio hai un ano

manolo pipas



23-11-2013

as nubes na casa colorida




sole do país das nubes

sole vive                                    
na aldea da soledad
a chiquita da blusa violeta
ten cinco anos
e fala mui rapido e atrapallada
anda descalza
e as guarachas so as pon
cando ten que ir a escola
cos seus irmans xoga nos valados
e na hamaca do seu avo
e para ela fago dragonciños voadores
que chama zopilotes
para sole da soledad
case todo é un xogo
menos as veces ver polos coconitos
para que non leve un o gavilan

comunidade la soledad-1-06


viaxe ao país das nubes
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
venres 29 na casa colorida 
nigrán rua rosalía de castro 16
as nove da noite lua minguante



22-11-2013

seis mans na arteterapia




seis mans seis cores
pintan xogan en silencio
esta obra nunha mesa

as cores e as formas
vanse acercando tocando
os pinceis cruzanse
darredor da acuarela
con formas definibles
e outras que se mimetizan
ou que outro pincel define

a xanela aberta
a árbore de outono
unhas pingas de sangue
dunha pequena ferida
a estrela espertando
as ondas relaxadas

e as mans falan logo
desta obra colectiva
do que sentiron
e que título lle porían
os catro elementos
a fusion emocional
o renacer da vida
seis mans na arteterapia

manolo pipas

imaxe de hernández
e foi nunha sesión de arteterapia
en ponteareas hai duas semanas
e tedes outra clase promocional
este xoves 28 as 8 da noite
para quen queira probar
esta ferramenta de traballo
terapéutico a través da arte
beatrizdomarti@gmail.com


21-11-2013

a ría e o pacífico




entre a miña fría ría

e o teu cálido océano
pacífico que non é tal

so hai un pouco de auga
e outro tantito de terra
coas suas vidas

lariño


20-11-2013

20 N e bagaxe cultural




un periodista do rexime actual

algo dixo do generalísimo
hai unhas poucas semanas
e foi criticado por alguns
e os seus patróns defenderono decindo
que chamarlle generalisimo ao xenocida
franco é unha bagaxe cultural

caudillo de españa por la gracia de dios
é o que poñen as moedas daquel tempo
que seguiron vixentes uns anos
durante a transacción da postdictadura
e que poden lembrar coma gabaxe cultural

algúns seguen falando
cos beizos manchados de sangue
e demasiadas mentiras insultos...
do franquismo seguen vixentes
coma bagaxe cultural

hoxe 20 N o suposto día
da morte do xenocida
eles seguirán fascistas
intervencións coma se nada

o cronista


19-11-2013

a casca da arbore III




esta casca de árbore

debuxa coma un mar
con illas e illotes
e penso outra vez
na dor nas filipinas

árbore da cidade