Novembro 2014

14-11-2014

xogo de cartas 2



estas inocentes cartas

están moi cheas de símbolos

o ouro do poder e da nobreza

a copa trofeo dos gañadores

a espada da guerra e da xustiza

e os bastos ou paus dos de abaixo

 

pero poden ser outros os simbolos

o ouro do anel dos namorados

as copas que socializan o viño

a espada-machete dos labregos

e os bastos do boneco de cachiporra

 

 

 

13-11-2014

xogo de cartas 1

 

 

as cartas sobre a mesa

preparadas para o xogo

e sobre xogo e afectos

pensaba escribir algo

pero agora ollando as cartas

reparo nese xogo tan cruel

de quen nos pasou a baralla

sen decirnos que a cambio

nos ían seguir roubando

cada día e cada noite

 

 

12-11-2014

vermello paraugas

 


versos que non quería escribir

de méxico vou ao kurdistán

o terrorismo destado a guerra

e as voces que non están

 

unha parella protéxese da chuvia

na concentración na antiga prisión

protexe este paraugas vermello

a cor do sangue e da revolución

 

a concentración foi impulsada

polxs compas de mar de lumes

la tierra es un mar de fueguitos

contara alguén a eduardo galeano

 

 

 

 

11-11-2014

ayotzinapa e verdade

 

 

México, me dueles mucho!

Qué cosechas sembrando cadáveres?

 

escrito nunha pancarta

 

 

os familiares dos desaparecidos

de ayotzinapa non sabemos se poderán 

chorar ou falarlle aos seus mortos

 

os corpos que apareceron

que son de fosas doutras matanzas

tampouco van poder encontrarse

cos seus familiares que descoñecemos

 

pode ser que queimaran aos estudantes

no vertedeiro da silenciada vila de colula

e pode ser outra mentira do estado

 

os familiares dos desaparecidos necesitan

saber a verdade e chorar ou non diante dela

e doutro xeito seguir loitando pola xustiza


imaxe dun pasado evento

na libraría la jícara de oaxaca

 

o güero

 

 

09-11-2014

da catalana consulta 2

 

 

a consulta catalana

nas mans dos voluntarios”

entón son máis fiables eles

que os funcionarios da generalitat ?

máis seguros que os gobernantes si que son!

 

a autodeterminacion é o problema

máis importante de catalunya?

mirade nas últimas cronicas deste espacio!

e derechona catalanista é de fiar?

o president foi votar sen garabata

pero esa cara de cínico non a pode mudar!

o demócrata rajoy mandará o exército?

 

entón se con v

de nada serve votar

botade con b se vos parece

 

as leis están para crealas

e para cambialas cando toca

e as leis sempre irán detrás

da ética e do sentido común

 

o cronista

 

 

08-11-2014

do outubro vermello

 

 

a revolución de outubro

ten data do mes de novembro

porque aquel pais arrastraba

demasiadas cousas do feudalismo

 

tampouco o principio

do século vinte ten unha soa data

unha é a data cronolóxica de milnovecentos

e a outra vai no tempo histórico do proceso

revolucionario ruso de mil novecentoscinco

até outubro de milnovecentos dezasete

 

aquel país tan atrasado e os seus pobos do frío

quentaron moito aquel tempo e continente

e déronlle lume ao feudalismo e ao capitalismo

no medio daquela gran guerra

da que agora se cumpren cen anos

nen guerra que nos mate

nen paz que nos oprima

 

paz pan e terra

era unha das consignas

da revolución rusa

e nesas seguimos

 

texto recitado onte en andel

con outros xa publicados acá


posdata

hai vintecinco anos

tiraron o muro de berlín

porqué e para qué?

que conseguiron?



06-11-2014

pan traballo e teito

 


pan traballo e teito

son tres cousas tan dignas

tan básicas e tan necesarias

 

hai tanta comida que se tira

hai tanto traballo mal repartido

hai tanto que debemos facer

e tantos cartos roubados e tirados

e hai tantas casas e pisos baleiros

 

hoxe so pedimos tres cousas

pan traballo e teito

pero mañán volveremos a pedir

educación e sanidade digna

xustiza democracia...

 

e por estas tres cousas tan básicas

este vintenove de novembro

debemos chegar a compostela

nas marchas da dignidade

 

o cronista

 

 

05-11-2014

debullando o millo

 


samaín colleita e millo

 

as espigas e os seus grans

 

debullando con cariño

 

 

son cousas da miña nai

 

que levaba moitos anos

 

sen o millo debullar

 

 

manolo pipas

 

 

04-11-2014

fragas e castañas de catasós

 

 

temperá negral pelada

oura ou dourada patacuda

abadá ou abadesa mazaíña

rosario e rañuda

 

que fermosas estas palabras

canta memoria e sabor teñen

sabor a lingua e terra

 

estas palabras son variedades

de castañas do souto de casas vellas

da fraga de quintela ou de quiroga

en catasós lalín no val do deza

palabras das nosas tribos

das nosas árbores centenarias

que fenosa quere derrubrar

para poñer un enésimo cable

que por aí non ten que pasar

 

lariño

 

 

02-11-2014

samain

 

 

un novo samaín

empeza un novo ciclo e ano

e cada un o vive como quere

ou como pode

 

a nosa festa dos cabazos

e esa outra festa comercial

a visita aos cimeterios

as flores e as castañas

 

a vida a morte a terra

a auga o aire o lume

e todos os símbolos

 

lariño