Febreiro 2015

18-2-2015

50 rebélate barco alfageme

 


cantiga infantil para un barquiño


barquiño de alfageme

que partes de cardama

que triste remolcado

non podes facer nada !?

 

barquiño de alfageme

non vaias para coia

ti salta da gabarra

marcha para outras costas


barquiño de alfageme

que triste o noso entroido

canta memoria levas

que enterran eses tolos


barquiño de alfageme

non teñas medo ás grúas

será máis duro aínda

nevegar polas rúas


barquiño de alfageme

pra coia ti non vaias

salta dese remolque

pon proa cara ás praias

......

 

barquiño de alfageme

de beiramar pra coia?

que nós non te queremos

na querida rotonda!!


o tristecronista


 

18-2-2015

paremos o barco

 

 

a nosa tribo enterraba a sardiña

e non o meco como nos impuxeron

para uniformizar o entroido

e a memoria mariñeira

parece que a queren enterrar

na nosa rotonda de coia

en forma do barco alfageme

 

parece que o señor alcalde

quere mover o barco alfageme

por terra desde beiramar até coia

hoxe mercores as 10 da noite

 

concentración fronte ao auditorio do mar

a partires das 8 e media da noite

 

non pode ser

os cartos na rotonda

e as familias sen comer

 

paremos o barco

 

 

 

17-2-2015

o barco desde o recheo

 


camiño o inmenso recheo marítimo de bouzas

porqué e para qué esta construcción-desfeita !?

 

camiño o inmenso recheo entre naves e barcos

para ollar no seu penúltimo día á beira do mar

a sombra e o fantasma do barco alfageme

 

pregúntolle a un home

que no peirao está subido a un barco

onde está o golpeado alfageme

e dime se veño a maniferstarme

 

pasa un carro de medio ambiente

e logo a policía portuaria á miña beira

pero ignora ao posible manifestante

 

o histórico barco bernardo alfageme

na grada do asteleiro agardando

a súa posible útima travesía

 

ao fondo incrédulo o monte alba

que non se cabree un día

e bote a súa lava sobre ésta

cruel e estúpida cidade


retírome do agresivo recheo  

e falo cun pescador que me di 

tede coidado coa policía

cando chegue o barco

 

o cronista en bouzas

 

 

17-2-2015

frío e humidade



na mañán baixa moito frío

na charca sobe máis humidade

e no amieiro acurrucanse as pombas

nesta tregua das nubes da chuvia

e se cadra sae un pouco de sol

na charca da bouza de coia

 

lariño



 

 

16-2-2015

verdade xustiza reparación



         na memoria de ramón

         e de tod@s @s compas

 

verdade xustiza e reparación

pola memoria dos nosos asasinados

 

dese símbolo fascista do monte castro

xa coñecemos case toda a verdade

pero a mala aplicación das leis

trouxonos unha nova inxustiza

e non nos deixan derrubalo

negándonos a pequena reparación

 

na mesa os compas dixeron

nós estamos desolados

pero seguirán loitando

polos pais e polos netos

 

ese símbolo fascista

querémolo derrubar

desafiante sobre a ría

o seu tempo chegará

 

o cronista



 

15-2-2015

mascarando



ando a mascar historias

poño saco e poño a máscara

enfréntome ás mascaradas

 

fermoso o mascarón

do veleiro co que soño

mascarando

 

lariño

 

 

14-2-2015

memoria do forte ezkaba

 

 

dos muros do forte de ezkaba

o fascismo fixo unha prisión

para construir a nada

 

miles de presos golpeados

polas reixas e a fame

a cincoenta kilómetros

soñan coa liverdade

 

desta prisión sobre iruña

setecentos noventecinco

homes que van fuxir

a fronteira o seu destino

 

os fascistas non dan tregua

douscentos asasinados 

o monte garda os seus restos

esquecidos os fugados


dos que levan á prisión

catorce van ser xulgados

como líderes da fuga

todos serán fusilados

 

foron tres ou foron catro

os fugados do forte ezkaba

e algúns presos sobreviven

memoria republicana

...

 

en vigo lembrada a historia

e entre o público aparecen

daqueles presos parentes

que nos contan máis memorias

 

o libro los fugados

del fuerte de ezkaba 1938

de fermín ezkieta yaben

presentado onte no andel

 

 

 

13-2-2015

desobediencia e unitat popular

 

 

o activista e parlamentario

david fernandez da candidatura

d'unitat popular de catalunya

estivo na coruña convidado

por anova e a marea atlantica

para compartir cos movimentos sociais

e tamén falou dos vellos ateneos e casals

e dos novos municipios populares

e tomei unhas poucas palabras

da plática do compa insubmiso

 

a desobediencia civil asume

o costo das súas accións

e é un espacio do contrapoder

 

moitos movimentos sociais

poden morren nas institucións

porque despois quen rega o xardín

 

a guerra é a da loita de clases

e gañan eles


o municipalismo para nós

é un dique de contención e contrapoder

 

a corrupción non é un erro do sistema

é o sistema mesmo

a lóxica do capitalismo é roubar

matar e mentir

 

non hai que esperar a tomar o poder

hai que ir transformando as cousas

 

e cita ao poeta mexica pacheco

"ya somos todo aquello

contra lo que luchábamos"

pero te puede salvar la memoria

y la conciencia de clase

 

 

12-2-2015

xustiza e fascismo

 


o tribunal de xustiza de galiza

reboca o derribo da cruz

fascista do monte castro de vigo

porque di que desapareceu

a súa carga política

 

que llo digan aos represaliados

e os fillos dos asasinados

que tamén neste tribunal

desapareceu a xustiza


e se como di o alcalde

isto reflexa a vontade da cidade

que o demostre cun referendum 

 

o cronista

 

 

 

11-2-2015

do xuizo rotondiano

 

 

algunhas aínda cren na xustiza

outros que a sofrimos varias veces

non cremos nela

 

alá fomos ao xuizo do xurxo

e o permiso de concentración

na entrada do xulgado non serviu

e fomos animados a ficar fóra no asfalto

baixo ameazas de mandar aos violentos

 

decimos e escribimos nós

que a policía mentía e mente

e os varios policías acusadores

contradecíronse na súa declaración

e as testemuñas rotondianas

contaron o que pasóu

como os golpes que levamos nós

que non denunciamos

porque non cremos na xustixa

 

na concentración importante o apoio

dos activistas que estamos case sempre

e das que veñen cando poden

outros activistas e políticos e politólogos

ex-presos sociais e outros inxustos condeados

...

 

todos somos xurxo

e polos dereitos sociais

sumamos todas

 

o cronistadecoia

 

 

10-2-2015

xurxo somos todos

 


pois non todos somos xurxo

dentro da policía e do psoe

se cadra non hai ningún xurxo

entre xuices e fiscais veremos

 

imaxe nos xulgados 

o venres dia seis

o cronista

 

 

 

09-2-2015

45 globos polos dereitos sociais

 



na fría e soleada mañán

na praza do concello de vigo

un feixe de globos de diversas cores

enchéronse de dignos aires rotondianos

e sobiron as duras e humanas consignas

até a xanela do inhumano pleno 


globos polos dereitos sociais

 

o cronistadecoia

imaxe de mora