Agosto 2015

31-8-2015

os antigos nós e a terra

 


ollo para estas antigas construccións

e penso en quen as construiu e viviu nelas

pero non farei reflexións pouco meditadas

que pouco aprendimos das tribos aquelas!

 

ollo para estas construccións dos antigos

imaxino as relacións humanas e coa natureza

máis non farei outra pouco meditada reflexión

como nos afastamos da comunalidade e da terra!

 

Imaxe de baroña

 

 

29-8-2015

moncho reboiras vive

 


       que importa que nos maten

       se deixamos semente de vencer  

 

                    moncho reboiras



moncho reboiras vive

no evento do faiska

corenta son os anos

do crime dos fascistas

moncho reboiras vive

na loita dos activistas

 

armado da verdade

obreiro soñador

moncho reboiras vive

dodro vigo ferrol

semente de vencer

memoria do loitador


 

falaron chaves arias curto

manolo zabala e pilar

e bieito lobariñas o carro

e grândola fíxonos cantar

 

manolo pipas

 

28-8-2015

gabo nunha infinda novela...

 

gabo escrebe aquela novela nunha infinda

noite tomando o último medio vaso de ron

que lle queda

 

 

 

ese gabo neno e avó

as súas flores marelas

van construindo a novela

con medio vaso de ron,

desgarra o seu corazón

vanse cruzando as imaxes

a noite é unha pasaxe

máis longa que as súas horas,

e non chegará a aurora

o relato infinda viaxe

 

entre verbas e palabros

baixo unha chuvia canela

non paran de entrar estrelas

na novela deste gabo

 

poema recitado onte

no clube de lectura gabo

cun soneto do mestre

e outros poemas

 

manolo pipas

 

 

27-8-2015

entre dúas terras

 


o mediterraneo

o marenostrum

e as súas rexións


ese grande mar está

no medio de dúas terras

ao oeste e ao norte din

que está o soño a utopía

ao este e ao sur o pesadelo

a desesperanza

 

imaxe da fronteira

entre servia e hungría

estes tráxicos días

 

 

26-8-2015

tardiña solpor...

 


a tardiña o solpor

as luces e as sombras

o lusco fusco a noite

profundas horas

 

 

recentes versos

imaxe de hai tempo



 

24-8-2015

fermosos touros

 


fermosos animais os touros

semisalvaxes entre enciñas e sobreiras

baixo elas quixeran morrer de vellos

e non co tráxico final que lles espera

na praza diante dunhas familias

que ás veces levan a nenos e nenas

 

esa chamada festa

das corridas de touros

voltóu a televisión

como cultura ou xogo

e vai en horario de tarde

para todas e todos

 

as carreiras e os encerros

tortura e morte nas prazas

os touros sen sabelo ás veces

practican xustiza e vinganza

 

imaxe sábado en triacastela

onde houbo unha tourada

que rexeitaron en sarria

 

23-8-2015

cantor oriental galego

 


walter galego charrúa

no de catro a catro cantas

a guitarra e a garganta

milongas fillas da lúa,

sabor de campo e de rúas

de dúas terras morriña

zapallitos e sardiñas

zitarrosa e os presaxios,

os manolos e os adagios

cos amigos ti fas piña

 

viglietti olimareños

con todos os orientales

vos espantades os males

graciñas cantor sureño

 

 

escrito e recitado onte

concerto do walter césar

manolo pipas

 

21-8-2015

galeana tertulia

 


unha tertulia de abrazos literarios

colectivos abrasos mestisos do sur

regalóunos onte o clube lectura gabo


varias voces falamos con paixón

pero algunhas non o sentiron

ou non aceptaron o seu abrazo

 

libro mosaico de pequenas

e grandes historias americanas

moito máis que literatura galeano

 

pipas

 

19-8-2015

un regueiro de libros



un regueiro de libros

un rincón que arrecende

un café literario

envolvente

 

a póla da pereira

seca colga do teito

elas falan el le

eu cos versos

 

títulos escollidos

nas mesas e nas baldas

jazz e temas de autor

acompañan

 

mishima o café do libro

r regueiro independencia

 

manolo pipas


 

18-8-2015

nome lugares e datas da memoria

 

 

os nomes as datas e os lugares

dos asasinados polo fascismo

son máis que os que coñecemos

 

onte lembramos a alexandre

bóveda en pontevedra e poio

mañán en compostela e teo

será lembrado anxel casal

 

17 e 19 de agosto do trinteseis

datas da memoria destes dous

dos símbolos do noso pobo

que agardan pola xustiza

 

e seguense a buscar os restos

de moitos asasinados polo fascismo

nos lugares dos súas caídas


manolo pipas

 

 

 

16-8-2015

festas e festivais 1

 

 

festa re-festa contra-festa

festa civil ou relixiosa

festa urbana ou rural

etnográfica ou moderna

festa da carne ou do peixe

festa do viño e do pan

 

festa máxica e mítica

festa castreña e romana

festa sueva feira medieval

festa da istoria feira franca

 

festa da sardiña e do castrón

da pataca do pemento da naviza

feira do queixo festa do polbo

inmensa festa pois toda galiza

 

festival inter-céltico

festi-val festi-río festi-mar...

festa deportiva e naturista

feira dos artesáns e festa virtual

 

festa re-festa contra-festa

festa do tinto e do branco

festa do patrón e da patrona

festa do cacique e do narco

 

festa da lúa festival do sol

festa pola festa ke non está mal

festa da terra da auga do ar do lume

festa pra esquecer festa nacional

 

o cronista

 

16-8-2015

das festas patronais

 

 

sona a música e os foguetes

temos festa no lugar

da patrona ou do patrón

hox san roque e máis o can

 

santa mariña no monte

virxe das neves no vran

e temos barcas de pedra

que non foron naufragar

 

na romaría non faltan

froitos da terra e do mar

e pra que coman as almas

as imaxes pasear

 

para males hai remedios

nese grande santoral

moitos santos moitas virxes

que son deusas nun altar

 

o cronista