Septembro 2015

30-9-2015

libro e estacions de benedetti

 

 

Beatriz(Las estaciones)

 

Graciela, es decir mi mamá,

porfía en que hay una cuarta estación

llamada elotoño. Yo le digo que puede ser

pero nunca la he visto. Graciela dice

que en elotoño hay una gran abundancia

de hojas secas. Siempre es bueno que haya

una gran abundancia de algo aunque sea

en elotoño. El elotoño es la más misteriosa

de las estaciones porque no hace ni frío

ni calor y entonces uno no sabe

que ropa ponerse. Debe ser por eso

que yo nunca se cuando estoy en elotoño.

Si no hace frío pienso que es verano

y si no hace calor pienso que es invierno.

Y resulta que es el otoño. Yo tengo

ropa para invierno, verano y primavera

pero me parece que no va a servir para elotoño

Donde está mi papá llegó justo ahora elotoño

y el me escribió que está muy contento porque

las hojas secas pasan entre los barrotes

y el se imagina que son cartitas mías .

 

mario benedetti

 

primavera con una esquina

rota libro de benedetti

para a tertulia do clubegabo

xoves 1 as 20.30 na galeriajazz

 

29-9-2015

ayotzinapa un ano despois

 

 

en iguala corentetres

estudantes de ayotzinapa

hai un ano foron desaparecidos

e outros golpeados e tres asasinados

por estudar para ser mestres rurais

e por ser indíxenas e reveldes

 

foi un 26 de setembro

e os guererenses querían

chegar á capital da república

para o 2 de outubro aos actos

pola memoria dos estudantes

asasinados en tlatelolco no 68

que poderían ser os seus avós

 

nese pais que chaman méxico

a verdade e a xustiza

non chegóu a tlatelolco

como tampouco chegóu aínda

aos mortos de acteal do 97

e ayotzinapa ten un dificil camiño

 

pipas

 

29-9-2015

folga xardins rotonda ...

 


os traballadores de parques

e xardíns do cortello de vigo

están en folga polas podas

sobre eles do goberno municipal

e de rotonda en parque

de xardín en mediana

de pleno en rotonda ...

van espallando a súa demanda

 

logo do desplenado pleno

voltamos a coia e díxonos 

o querido barco alfageme

- que triste lugar o concello este

pero outra vez teño de compaña

unha demanda moi xusta

e non uns sospeitosos policías

 

o cronista


 

28-9-2015

da terriña dos jordis

 

 

entón ca-ta-lun-ya

@s habitantes da terriña dos jordis

votaron onte ao seu parlamentiño

 

esta semana por tres veces empecei

unha cronika ke non tirei a papeleira

fican os borradores no caderno

e na confusa computadora

por se co tempo volto a eles

 

pois eu teño estado nesa nación

sen estado que chaman catalunya pois

con compas dalá teño convivido moito

escoito a súa rica cançó ...

e modestamente a min eles non

me parecen españoles pero si hispanos

como nós os galegos pois

pero eles mediterráneos e nós atlánticos

e dalgún xeito todos europeos

e sobre todo do mundo mundial

 

pois si ke gañaron os independentistas

que lle deron varias leccions a tantos

oportunistas e medios de mal-información

e votaron moitos pero non botaron

e entre independentistas e españolistas

a dereita é quen máis deputados ten

e uns e outros dan moito respeto

 

noraboa e sentidiño as cup

candidatura d'unitat popular

 

o cronista

 

 

 

27-9-2015

das victimas do franquismo 2

 

 

humberto baena sánchez bravo

ramón garcía txiki e otaegi

hai hoxe corenta anos foron

os cinco últimos asasinados

por franco e a fascista dictadura

con xuizos rápidos logo das torturas

para conseguir falsas autoinculpacións

 

os nosos veciños baena e sánchez bravo

con ramón garcía foron fusilados

en hoyo de manzanares

e vinte minutos separaron

os fusilamentos de cada un

e a familia separada deles

o podía oir os disparos

 

é certo que foron guardia civiles

voluntarios os que dispararon ?

aínda vivirán algúns deles?

que fan que sinten onde están?

hoxe mesmo lonxe de akí se cadra

se cruzan na rúa cun compañeiro noso!

os asasinos dormirán ben hoxe

o día do cabodano do asasinato?

e os xuices e os fiscais

e os que forzaron a sentencia

teñen algo de conciencia e dignidade

ou é que nunca tiveron!?

 

a memoria a verdade a xustiza e nós

tamén somos víctimas do fascismo

resistencia

 

texto publicado no mencer

e recitado en pereiró na homenaxe

nas imaxes un tapiz do exiliado

luis seoane o caído dos anos sesenta

e na homenaxe laura quintillán

co seu republicano violino


manolo pipas 


 

 

 

26-9-2015

das victimas do franquismo 1

 


amador e daniel e moncho reboiras

o pouco coñecido manuel montenegro

humberto baena e sánchez bravo...

pola súa ética e reveldía

foron algúns dos últimos

asasinados polos fascistas

 

doe e da moito respeto

pronunciar os seus nomes

 

por baena e sánchez bravo

ramón garcía txiki e otaegi

os ultmos asasinados polo franquismo

mañán as 12 no cimeterio de pereiró

no 40 cabodano dos seus fusilamentos

un acto pola verdade xustizae reparación

comboca a comisión 27 de setembro

que sacóu na prensa unha esquela laica

e reivindicativa e na rúa uns valados

con imaxes e palabras pola memoria

dos compañeiros asasinados

 

 

25-9-2015

seis crianzas mortas

 


foron seis as crianzas

asasinadas neste ano

no estado español

e ducias de nais doutras crianzas

asasinados polo terrorismo machista

 

duas irmáns na galiza

asasinadas polo seu pai

das que moito se escribiu

e tamén nesta xanela

 

das outras sei mui pouco

pero aki vai o desexo

de que feitos coma este

non volvan pasar

 

imaxe onte na concentración

mensual na porta do marco

 

 

24-9-2015

creador e exiliado seoane

 

 

pintor poeta e emigrante

xornalista ilustrador e exiliado

editor grabador e inmigrante

galeguista republicano e exiliado

debuxante deseñador e migrante

militante cultural e exiliado

 

fillo de emigrantes

que poden regresar á terra

sobrevivinte do golpe fascista

exiliase na terra onde nacéu

 

creador luis seoane

galego argentino creador

 

a súa extensa obra gráfica

desde os grandes tapices

pasando por pinturas e cerámicas

ate os libros e as revistas que deseñóu

e ilustróu e moitos deles editóu

está exposta no marco até o domingo




22-9-2015

equinocio

 

 

o equinocio de outono

regala este grande fungo

e comemolo cos ollos

 

lariño



 

 

 

20-9-2015

da comunidade rotondiana

 

 

 

cando lle pasei o rotondiano

caderno de poemas e cronikas

recordoume o flaco zabala

aquela foto dos cabestrillos de febreiro

que non entróu no caderno do non pode ser

e ocurriuseme contar parte da súa historia

xa que non sei se a contóu alguén

que en parte é a historia de todos nós

a plural comunidade rotondiana

e recitarvola nalgún momento da noite

 

estes tres homiños da foto

parecen uns perigosos pistoleiros

se cadra os irmáns daltondianos

logo dun cruel enfrentamento

co séptimo da abel-caballería

e cos goas montados na(da) carmela

 

estes revoltosos que cabalgaron

polas montes de lavadores e valadares

os bosques de teis e as praias de coruxo

e polas estepas e desertos de coia

tentaron que fora devolto

o barquiño alfageme-tóten

aos indíxenas do lugar

 

estes tres homiños da foto

cos seus moitos achaques

o zabala o pirata e o cronista

por sorte seguen entre nós

que non tiveron a desjrasia

de ser atendidos polos virus

do hospital feijoó-cunqueiro

 

estes homiños con esta pinta

querían abordar o alfageme

se cadra tamén lles deron

un jolpe na cabesa

ai que sentidiño que sentidiño

 

nahiara e eloy casan

que sentidiño

que non poder ser

que si poder ser

maia vaia vaia

 

pipas

 

20-9-2015

75 nahiara eloy e maia

 

 

ai rotondiana parella

esta broma xa vos vale

os que probaron ke falen

seica o contrato ten tela,

faltan as flores marelas

falta o barco ca súa proa

e como colectiva loa

o que a rotonda fortaleceu

entre a nai terra e o ceu

que non separen os goa!

 

ai rotondiana parella

nesta casa que facedes

parece que non podedes

mudar esta estraña novela,

di a alfagema estrela

que ven temporal pola praia

non tomei porro nen raias

so zume de mandarina,

rotondianos rotondinas

que contaremos a maia?

 

nahiara e eloy casan

que non poder ser

que si poder ser

maia vaia vaia

 

pipas

 

18-9-2015

perdedores e malditos escritores

 

 

o clube de lectura gabo

nos últimos meses ten querencia

na súa escolla dos libros

por eses escritores malditos

os inadaptados os alcoolicos

os tolos os fuxidos os exiliados

e unha única poeta e suicida

 

o clube gabo ten querencia

polas voces dos perdedores

agás quen da nome ao clube

e algunhas outras voces máis

que viviron ben e foron lidas

e mesmo gañaron grandes premios

pero mesmo o luso e i-luso saramago

sempre camiñóu cos perdedores

e por acá algúns leron en castelán

idioma que tamén escolleron

para ler algún poema de pessoa

e logo foi outro na lingua orixinal

 

entre as perdedoras e os malditos

entre rosalía e celso emilio

fáltavos escoller algunha voz

na golpeada lingua galega

 

texto recitado onte unha hora despois

de que fora escollida la primavera

con una esquina rota libro do exiliado

benedetti voz dos perdedores das américas

 

manolo pipas