Septembro 2015

17-9-2015

nana de lampedusa (arrolo negro)

 

 

 

                                            O meu meniño é pequeño

                                             heino de aprender a todo

                                                     a cocer e a amasar

                                             e a meter o pan no forno

                                                    Canción tradicional

 

 

Durme, durme, meu neno

axóuxeres de soños

no ventre da noite

durme

que non hai para ti un nome

na túa terra seca

na túa terra cansa

durme

metralla e cinsa

onde xa non se escoita

o canto das dunas

durme

e non fagas caso

do sal nos meus beizos

é mar que con bágoas

é mar o teu berce

durme

 

No alén

os oboes da terra prometida

 

Durme…

 

 

maría xosé fernández

 

 

texto publicado no libro

do festival da poesía do condado

imaxe da aldea de barciela de negreira

de muñiz coa baixa das augas do encoro

 

16-9-2015

o hospital e a conselleira

 


o macro hospital

de vigo e a súa bisbarra

segue en obras e se cadra

como as faraónicas cousas do pp

nunca será rematado

e mentres tanto nel falta case de todo

menos a obrigada improvisación

e a vontade dos traballadores

e sobra toda a privatización

 

e a conselleira de sanidade?

pois ela é pouco hospitalaria

ela da malos consellos

a conselleira ten cara de enferma

e quere contaxiar mentiras

 

o cronista

 

15-9-2015

o tractor e outros simbolos

 

 

cando vin ao neno na manifa

subido nun tractor de plástico

lembreime dun pequeniño

tractor que tiña eu pola casa

 

este xoguete e símbolo

acompáñame estes días

no peto da roupa que levo

en eventos e concentracións varias

e dixome un compañeiro o domingo

- antes levabas un barco na cabeza

e agora levas un tractor no peito

 

hoxe no xulgado

levei o tractorciño no peito

e barquiño de papel

do alfageme no sombreiro

e haberá que levar tamén

un hospital de xoguete

e o que veña

 

o cronista



 

14-9-2015

o leite e os simbolos

 

 

hai vintenove anos

empezaron as tractoradas

e mui pouco se ten conseguido

e europa algunha culpa terá

 

os gandeiros foron e son obrigados

a ter explotacións máis grandes

tractores e maquinaria máis grande

que lle vende a señora europa

obrigados a empeñarse hipotecarse

 

como vender leite a menos

de cincoenteseis céntimos é elegal

e poñelo algo máis non é ético

hoxe fun mirar os prezos na cidade

os leites máis baratos de cada espacio

froiz a 55 día a 56 mercadona a 57

 

que non entre nen saia

un litro de leite

é a consigna dos gandeiros

contra a industria e distribución

e as grandes superficies

que venden o leite case regalado

 

o tractor é unha ferramenta

de traballo e tamén un símbolo

que bloquea as industrias

as vacas están mellor no campo

e as pegatas das vacas tamén

se poñen como símbolos


o leite está a ser derramado

e a quen máis lle doe tirar

o leite é ao gandeiro

 

o neno no seu xoguete

na manifestación do xoves

un tractor de plástico

como símbolo

 

o cronista

 

 

13-9-2015

os refuxiados e os cínicos

 


en solidariedade coas persoas refuxiadas

debía ser unha concentración máis

en apoio aos golpeados das guerras

pero algúns se cadra foron

a usar a estas persoas

 

os que votaron no parlamento

para bombardear siria

eses do psoe teñen o cinismo

alcalde presidenta e pandilla

de portar a palabra solidariedade

nas súas sucias mans

 

todos berramos o asilo é un dereito

e moitos outros puxemos

nas nosas voces as palabras

otan non bases fóra

otán non iankis fóra

 

imaxe sermos galiza

o cronista


13-9-2015

surrealistas castrexo-romanos

 


nunha surrealista festa das castrexas

e os romanos

nun castro de formigón os carunchos

ben trovaron

 

nesta navia teatreira

as danzas comunitarias

a quen máis foron mover

foi á nosa rapazada

 

vai na lingua do imperio

o projrama destas festas

nen latino nen galaico

castellano de primera


no poligonum de navia

outra festa do consumo

neste vicus alfagemun

tiran os selfis a chuzos

 

os castrexos as romanas

o imperio a mestizaxe

cruza o río da memoria

e paga ou non a peaxe

 

manolo pipas


11-9-2015

chile 11-9-1973 na memoria

 

 

foi por setembro do setenta

salvador allende presidente

con esa unidade popular

que dixo o país non se vende

 

chile tres anos dos de abaixo

que van derrubar os fascistas

allende neruda víctor jara...

perderon moito máis que a vida

 

aquela esperanza de chile

para todos nós foi un exemplo

aquela revolución coas urnas

lembro e do seu fin aprendemos

 

manolo pipas

 

 

11-9-2015

do neno ao vello cernuda

 

 

calle del aire cidade de sevilla

rúa e espacio do poeta luis cernuda

leo a súa prosa poética de ocnos

como pequenos relatos de memorias

 

prazas rúas arcos terrazas galerías

patios con estanques fontes e xardíns

e máis formas herdeiras de al-andalus

xazmíns adelfas palmeiras limoneiros

 

a memoria do poeta fala co neno que é el

cercanía e distancia desexo e realidade

o neno o adolescente o adulto o vello

a palabra o verso o poema o libro

 

longo o seu exilio sen regreso posible

que lonxe estaba polas terras de europa

se cadra máis perto estaba en méxico

a lingua e os patios da vila de coyoacán

 

poema recitado onte na galería

na tertulia do clubelectura gabo

sobre ocnos de luís cernuda

 

manolo pipas

 

 

10-9-2015

defendendo o campo

 

 

tractorada en compostela

a xoves dez de setembro

os veículos aparcados

darredor da xunta centos

gandeiros e afectados

o campo nós defendemos

o sector lácteo esmorece

pola industria e os gobernos

 

a fileira de tractores

ben que sinala o camiño

o futuro que queremos

non a europa do abismo

compostela cheira a vida

tractores vacas e millo

gandeiro e labrega piden

un futuro pros seus fillos

 

o panfleto ben pon

o leite a menos

de cincoenteseis céntimos

é leite ilegal

que acaba cos gandeiros

 

manolo pipas

 

 

09-9-2015

o leite e as tractoradas

 

 

o tractor é unha ferramenta de traballo

unha tractorada é unha manifestación

de persoas que dignamente defenden

o seu posto de traballo e as súas familias

e un campo que abandonado está a arder

 

houbo tractoradas en xullo e agosto

e lugo e compostela están tomadas

estes días por milleiros de tractores

e outras dignas tractoradas chegaron

estes días pasados a madrí e bruselas

 

o leite que agora tomo

dunha chamada marca branca

en que condicións sería producido?

botaron químicos e pesticidas ás leiras?

como viven e que comen esquelas vacas

canto lle pagarían ao gandeiro?

 

as miserables respostas

son producto do agresivo mercado!!

 

manifestacion mañán ás 12

na alameda de compostela

 

o cronista

 

 

08-9-2015

o teu verso abrindo portas

 

 

terra chá manuel maría

o regato do cepelo

naquel neno que medraba

espantóu moitos dos medos

aquel corazón buscaba

e os versos naceron cedo

 

ai vella casa de hortas

terra chá manuel maría

primeiros libros escuros

logo as rimas que sorrían

do íntimo ao colectivo

foi medrando a poesía

 

poesía terra chá

campos vilas e cidades

colección terra de lemos

os libros en irmandade

nenos teatro e cancións

a memoria a liverdade

 

terra cha manuel maría

ai vella casa dos hortas

o cepelo co pai miño

esas idas i esas voltas

mestre poeta da matria

o teu verso abrindo portas

 

no cabodano da súa morte

8 de setembro do 2004


manolo pipas


 

07-9-2015

derramando paraules

 


os ollos da trovadora

buscan a cumplicidade

as guitarras e o piano

construen en irmandade

deste xeito medra o canto

 

silvia da terra cançó

desaprende o aprendido

de alg-a lab á colorida

son moi ricos os camiños

e sorpresas trae a vida

 

autoxestión da cançó

silvia canta fala e canta

derrama un vaso entre cables

solta as cordas prende a saia

e derrama máis paraules

 

 

desaprendiendo lo aprendido

disco da catalana silvia tomás

foto onte alg-a lab feira imaxinaria

en valadares con mateo e guillen 

mañán as 8 foro cooperativa

integral catalana e as 10 concerto

na casa colorida de nigrán


cantastes nas nosas rúas

o trovar pegado ao chan

coas gavines a chiar

foi chamando pola lúa


cascovello martes 8

manolo pipas