Abril 2016

30-4-2016

os soños son aves estrañas

 


diego que se che escapa o tempo

ese tempo cangas vigo cangas …

moitos kilómetros e días de activismo

poucas mui poucas horas de sono

e non acougache compañeiro

outra vez foi esa inhumana vía rápida

 

os soños son aves estrañas

que nós quixeramos que voasen

da nosa ría a idomeni e o mar exeo

 

manolo pipas


 

29-4-2016

revolto abril francés

 

 

da memoria do abril portugués

a este revolto abril francés

os fillos e as netas do maio do 68

levan un mes movilizándose

e o país veciño está medio parado

contáronme hai un rato que a policía

lle sacou un ollo a un manifestante

e para iso seica lles pagamos

e tamén din que hai policías feridos

e iso laboralmente chámase

un accidente de traballo

 

e que piden os silenciados 

manifestantes estes días en francia?

piden liberté igualité fraternité...

pero que sexan de verdade

esixen que cambie case todo

 

escrito e recitado onte

no micro aberto traba-lingua

café de catro a catro con versos

polo terremoto decuador o 25 dabril

as caixas refuxiadas e as viaxes

e unhas palabras por diego cangas

 

manolo pipas

 

 

28-4-2016

espontaneo floreiro

 

 

perto das nosas casas

cortei estas flores no campo

e tal como elas viñan na man

metinas no transparente frasco

espontáneo ramo e floreiro

para a miña nai

 

manolo pipas



 

27-4-2016

as caixas e as viaxes



as caixas de reutilizado cartón

da axuda para as desprazadas

marcharon nunha longa viaxe

 

tamén o armamento

que producimos en europa

en caixas que non son de cartón

vai directo para aquelas terras

ou por camiños máis longos

facendo aínda máis dano

cos intermediarios das guerras

 

o cartón das caixas se cadra logo

non moi lonxe do lume das bombas

pode arder en pequenas fogueiras

quentando potas e dando calor

á milenaria familia desprazada

 

 

dos 72 palés do almacén

de vigo so marcharon dez

e logo irán dous activistas

do colectivo a-nosa-xente

e como no campo de refuxiados

de idomeni xa pouco queda

agardemos que este material

chegue a outras desprazadas

 

o cronista

 

26-4-2016

simbolos de gernika

 

 

o roble de gernika é un simbolo

o bombardeo da vila de gernika

seica foi un experimento

 

o cadro gernika de picasso

é coma unha traxedia grega

e é outro simbolo

 

día de mercado en gernika

luns 26 de abril de 1937

a pequena vila bombardeada

e ametrallada polos nazis

un mes despois de que durango

fora bombardeada polos italianos

cunha masacre aínda máis grande

pero durango non pasóu a historia

e aínda falan dunha guerra civil

e nos libros do franquismo puña

que gernika a bombardearan los rojos

 

gernika é un simbolo do pobo vasco

da barbarie e do antibelicismo

 

manolo pipas


 

25-4-2016

flores de abril do 74

 


un novo poema para abril

pro vintecinco unha nova trova

os versos serán cravos vermellos

vermellas as cordas das violas

 

portugal setentecatro

en abril os capitáns

as rúas queren tomar

pra dar un golpe de estado

 

portugal setentecatro

un vintecinco de abril

un fusil e outro fusil

fóronse enchendo de cravos

 

en abril un vintecinco

a utopía camiñaba

pola radio polas prazas

ela ía dando brincos

 

un vintecinco de abril

sen sangue esta dictadura

cae como froita madura

os presos que van sair

 

os yanquis teñen fragatas

na costa de portugal

por se acaso os capitáns

queren pasarse da raia

 

portugal dos meus amores

un vintecinco de abril

un fusil e outro fusil

fóronse enchendo de flores

 

manolo pipas

 

24-4-2016

o centro da destruccion

 

 

josep está no centro da destrucción

escríbeme estibaliz desde ecuador

 

a terra movéuse demáis

movéuse cara centos de mortes

terremoto pacífico andes ecuador

e falan da zona cero que eufemismo

que sempre sacan os medios

o centro da destrucción chámase

ese lugar antes tráxico

e agora moito máis

entre manta e portoviejo

 

hoxe abrín a edición en papel

do xornal panfleto el país

e de 12 páxinas de internacional

onde 6 son de noxenta publicidade

dun macro centro comercial

dun lugar turistico do terceiro mundo …

non hai unha soa liña do ecuador

refuxiados siria turquía irán china

corea do norte brasil méxico …

e unha foto de obama e cameron

xogando ao golf mentres falan

seica da des-unión que vive europa

 

ningun artigo aporta esperanza

e todos falan das miserias

que probocan os humanos

e busco en internete fotos

do meu amigo josep vecino

desde o centro da destrucción

que esta vez non probocóu a guerra


falta auga e falta de todo

pero no medio de tantas destruccións

non aparecerán bombas sen estoupar

 

o cronista


 

23-4-2016

labregos navegantes cantores



labregos cantores do tempo dos sputniks

paradoxo metáfora símbolo a contratempo

remades na terra con ese vento de celanova

navegantes do verso da música da resistencia

 

labregos que ollades a lúa para actuar

e sementades cantigas e discos nas librerías

e logo seguimos a palicar a tomar e cantar...

ke vos sodes nocturnos de longa duración

 

compas labregos navegantes cantores

non é doado xuntar a dous pinches solistas

e que caven a mesma leira-letra acompasados

a canción é o outro grande milagre do mundo

 

libremente dos labregos do tempo

dos sputniks o leo e o garcía

disco presentado onte no andel

e logo ancoramos no mishima

con tremenda tripulación ...

 

manolo pipas


 

23-4-2016

quen e como fai a nosa roupa?

 


quen fai a nosa roupa!?

en que inhumanas condicións!?

 

as traballadoras escravizadas

das maquilas para as transnacionais

que venden das nosas cidades

na realidade elas cosen

mui poucas teas violetas

que firen coas súas agullas



acción da marcha mundial das mulleres

a 3 anos da morte de 1130 traballadoras

no derrubamento dunha fábrica textil

en bangladesh a rana praza que cosía

para benetton mango zara

primak el corte inglés...


 

22-4-2016

migrantes e desprazadas no mar

 


migrantes e desprazados

un día e outro día á deriva

 

náufragos dunhas barcazas

das que afogaron centos de persoas

náufragos duns paises golpeados

náufragos dun modelo de relacións

sobrevivintes das guerras

do capital e do sistema

 

desprazadas desesperadas...

un día e outro día á deriva

nun mar que perdéu moita

da súa milenaria humanidade!

en que deriva todo isto

sobrevivintes persoas!?

 

o cronista

 

21-4-2016

na metade do globo ecuador

 


na metade do globo

treméu o mar e a terra

entre o pacífico e os andes

eses que case sempre dan vida

 

na metade do globo

onde as terras son do sur

o mestizo ecuador golpeado

entre o pacífico e os andes

7.8 ese número cruel

na metade do globo

 

desde europa


As condicións neses lugares

do Pacífico eran tráxicas

antes da traxedia ...


estibaliz desde ecuador



 

20-4-2016

o pe da camelia

 

 

o encharcado pe da camelia

non terá parrulos nen ras

pero abonda coa súa vida

 

lariño