Xaneiro 2017

18-1-2017

o rotondiano e o barco

 

 

ao final da concentración
varias persoas ollan para o barco
e o rotondiano represaliado
da as costas ao alfageme
e moi serio retírase

que pasará neses intres
pola súa cabeza !?

a defensa dos dereitos sociais
e a loita de desobediencia civil
non violenta chocóu coa mentira
dos represores policiais

e tardóu dous anos en vencelos
e o compañeiro volta cos seus
coas súas feridas

pipas

17-1-2017

na rotonda de novo



e voltamos á rotonda

ese espacio máxico-maldito

que en decembro do 2014

ocupáramos durantes semanas
espacio que foi rotonda-escola

para os xogos das cativas

e tamén das nosas loitas sociais
e enchémola de novo de ducias

de barquiños de papel
e a familia de diego
deu as grazas a inmensa
solidariedade cunha fermosa carta
e xa non era necesario ler

o poema dos acusadores e racheino
e xoguei coas palabras

con guiños á familia rotondiana

e botei os versos da cronika anterior

os simbólicos barquiños de papel
ficaron facendolle compaña
ao golpeado e triste

barquiño de alfageme

memoria da nosa loita

o cronista


17-1-2017

unha rotondiana victoria

 


o policía mentireiro
j. m. r. número 294 509
retiróu a acusación

o represor estaba so
coa súa mentira
e o seu cómplice
e os apoios a diego
non pararon de medrar
e non aguantóu a presión

e a nosa asemblea de onte foi
unha manifestación de apertas
pequenas e grandes alegrías
por esta rotondiana victoria
no medio de tantos golpes
pero non esquecemos ás excluidas
nen os presos políticos e sociais
 
e entre apertas e bicos
sairon novas consignas

abel carmela
perdestes a pelexa

diego maría
vencéu a reveldía

 

o cronista

 

 

 

16-1-2017

novas do exterior

 

 

Novas do exterior
63.000quilómetros de viaxes á cadea

Hai libros que nos alimentan
porque a través das súas páxinas encontramos
palabras, conceptos, ideas ou mesmo un espírito
que nos abre sendas de despregue e coñecemento.
Hai outros, coma este, que tocan
algo no máis fondo de nós,
feríndonos desde a dura realidade
que reflicten e facéndonos reconsiderar
o noso lugar no mundo e son,
sinxelamente, necesarios.

En Novas do exterior
63.000quilómetros de viaxes á cadea
hai unha fronteira que divide o mundo,
a que forman os muros e os arames da prisión,
e tamén quilómetros e quilómetros de estradas,
percorridos co desexo de achegarse a un ser querido,
de reducir a distancia que o serpara do fogar.
Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira,
para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo
político construído arredor do que deron
en chamar Resistencia Galega,
e detido nunha operación policial na que foron
usados procedementos tristemente próximos
aos de tempos en aparencia xa superados.
Un fillo condenado ao afastamento xeográfico,
o illamento carcerario
e a incerteza do próximo destino.

Este libro lémbranos –perante a impunidade
dun sistema que precariza a liberdade propia
de cada cidadán– que a revolución do cotián
é a mellor forma de resistencia,
e que fronte á violencia do Estado temos armas
que non disparan, senón que vencellan
os seres humanos: un activismo de xestos solidarios
que racha os muros das cadeas.
Fronte á fala burocrática da administración
carceraria e a súa visión unívoca,
fronte aos berros e a linguaxe autoritaria,
temos palabras que conversan e comparten.
Fronte aos edificios grises e enreixados das prisións,
que levantan muros entre a xente,
posuímos a arquitectura colectiva dos afectos,
a construción vagarosa, mais tamén firme,
dun espazo común de liberdade.

Texto de presentación do libro
de Xosé Lois Cabanas

editado por axóuxere
que fisícamente será o xoves
19 as 20.00 na libraría andel

 

16-1-2017

policias acusando a un inocente

 


un policía local
do alcalde caballero
levarános ao xulgado  
porque é un mentireiro

un policía dos goas
sen ética sen vergoña
vai alí decir mentiras
polo barco e a rotonda

josé manuel rodríguez
del bosque o mentireiro
quere estragarlle a vida
ao noso amigo diego

policía de caballero 
josé manuel mala xente
vai manchar ese xulgado
acusando a un inocente

o tramposo polícía
caiu solo foise ao chan
se tropezóu coa baldosa
xa sabe a quen reclamar

de testemuña presenta
outro poli mentireiro          
temos nós boas testemuñas
contra eles e caballero

polo asunto da rotonda
o polícia mentireiro
non pode estragarlle a vida
ao noso veciño diego

o cronistadecoia

15-1-2017

da soidade ao comun

 


quérennos en soidade
e téñennos en común
rotondianas e baladres
e alambiques do sur

e fermentan e destilan
as propostas comunais
e chocamos cos darriba
e os veciños policiais

seguirán as nosas loitas
tirando e afloxando
nós con altas e con baixas
e nós darredor dos cantos

guitarras comunitarias
destes homes do aradiño
falan dun compa xulgado
por defender o río miño


polo asunto da rotonda
o polícia mentireiro
non pode estragarlle a vida
ao noso veciño diego

defender o río
a terra e o barrio
e as boas persoas non é delito

 

pipas

 

15-1-2017

charlas memoria historica

 


charlas sobre a memoria histórica
por telmo comesaña
presidente da asociación viguesa
pola Memoria Histórica do 36

cuadillo de españa
por la gracia de dios
estaba escrito con sangue
nas moedas do dictador franco
que foron vixentes moitos anos
na transaccion e na imposta
monarquía polo dictador

mércores 18 na cova dos ratos as 20.30
participación da igrexa católica
no levantamento militar fascista e na guerra
mercores 25 tamén na cova as 20.30
participación da igrexa católica
na dictadura e na post-dictadura





14-1-2017

a roupa das refuxiadas

 


ritsona grecia europa
mágoa carraxe vergoña
leo na pantalla coa primeira
imaxe da refuxiada charla

de vari@s compas que foron

uns que repetiron en decembro

e outras que van voltar

os solidarios do primeiro mundo
nós temos grandísimas ideas
pera veces non as compartimos
coas persoas as que queremos axudar


a frustación da horta
sementóu as máquinas de coser
que se perderon durante meses
pero que por sorte apareceron
pérdese moita axuda aos refuxiados

a roupa das refuxiadas
únenos á súa perdida terra
e cando se descose ou rompe
prefiren remendala que coller
a roupa que nós lles mandamos

a cantos de nós non nos costa
moito desfacernos de algunha
da nosa vella e rota querida roupa !?

o cronista


13-1-2017

camiño do xuizo de diego

 


o xuizo-farsa ao rotondiano diego lores
será nos xulgados de vigo o martes
17 as 10 e media da mañán
darredor da hora do café deses funcionarios
que xogan coa nosa xustiza e vida

o grupo de apoio a diego prepara o xuizo
con presentacións do documental
moita rede rompe o peixe
e charlas posteriores en diversos lugares
e cun peche na parro de coia
do domingo ao martes con solidarias
e comunitarias actividades
para sair desde alí até o xulgado
pasando pola maldita-máxica rotonda

 

domingo 15

13:00 | Rolda de prensa na igrexa
14:00 | Xantar común
17:00 | Contacontos: Bea Campos Davide Glez (Migallasteatro)
18:00 | Obradoiro: “Quérennos soas, téñennos en común”,

coa presenza de loitas veciñais en Málaga, Xixón, Compostela…
19:30 | Concerto: Mini e Mero
21:30 | Cea común

luns 16
10:30 | Faladoiro:“Barrios: distintos lugares, mesma historia”

co alumando do IES Alexandre Bóveda e con EmilianoTapia

(Buenos Aires, Salamanca) e Emilio Suárez (Coia, Vigo)
14:00 | Xantar común
17:00 | Obradoiro: elaboración de barcos de papel
19:00 | Proxección de #MoitoPeixeRompeARede e coloquio
21:30 | Cea común
martes 17
9:30 | Marcha colectiva até os xulgados acompañando

a Diego Lores con parada na rotonda
10:00 | Concentración diante do Xulgado
10:30 | Xuízo de Diego Lores



12-1-2017

perdida bio-diversidade

 


a terra coa súa vida
a bio-diversidade
pérdese coa humanidade
que da pasos de suicida

bosques selvas e sabanas
tantos espacios perdidos
por trans-xénicos cultivos
cara o deserto e a nada

 

imaxe do saqueado

amazonas

 

 

 

10-1-2017

as voces do finxidor

 


soares anon guedes
reis search lecher campos
crosse jean seul antonio mora
alberto caeiro barâo de teive...
moitos heterónimos fernando
quen de todos ten máis pessoa?
finxidor de sombreiro e lentes
vintesete voces rica polémica obra

 

un aprendiz

 

09-1-2017

os rios de alberto caeiro

 


O Tejo é mais belo

que o rio que corre pela minha aldeia

O Tejo é mais belo

que o rio que corre pela minha aldeia,
Mas o Tejo não é mais belo

que o rio que corre pela minha aldeia
Porque o Tejo não é o rio

que corre pela minha aldeia,

O Tejo tem grandes navios
E navega nele ainda,
Para aqueles que vêem em tudo o que lá não está,
A memória das naus.

O Tejo desce de Espanha
E o Tejo entra no mar em Portugal.
Toda a gente sabe isso.
Mas poucos sabem qual é o rio da minha aldeia
E para onde ele vai
E donde ele vem.
E por isso, porque pertence a menos gente,
É mais livre e maior o rio da minha aldeia.

Pelo Tejo vai-se para o Mundo.
Para além do Tejo há a América
E a fortuna daqueles que a encontram.
Ninguém nunca pensou no que há para além
Do rio da minha aldeia.

O rio da minha aldeia não faz pensar em nada
Quem está ao pé dele está só ao pé dele.

Alberto Caeiro