Xullo 2017

12-7-2017

nogueira e pazo

 


esta grandota nogueira
tapa o pazo da escola
tamen os muros da casona
poden tapar as miserias
do que fora o seu señor
e da criada que dixo non
pero foi ser nai solteira

por mañufe

 

10-7-2017

as mortes do deserto



niamey agadez arlit
achegour madama sabha…
gao kidal tamanrasset ghardaia...
poboacions do deserto africano
da ruta dos desprazados das fuxidas...
nomes nas linguas dos continentes
ou das linguas dos colonizadores
pero todos lugares malditos estes anos…

dixo un traficante de persoas
os medios falan moito
dos mortos do mediterraneo
pero eu creo que morren
mais migrantes no deserto...
e poucas veces recollen os corpos
e ninguen os pode contar …

o cronista


09-7-2017

corre touro corre

 


fermoso o touro
fermoso correndo polas debesas

os homes corren diante
ou detrás dos touros por pracer
pero os touros corren
entre os homes por cruel obrigación
ai se pudera fuxir
e son muitos mais homes que touros
e porque un dia non proban ao contrario

os toureiros por pracer
torturan e matan touros
pero os touros as pouquisimas
veces que se da non matan por pracer
matan por descuido do toureiro
que ben sendo un accidente de traballo
e esta morte casual
se cadra do asasino de centos de touros
e coma un acto de pequena xustiza

corre foxe touro
que ti es inocente

o cronista


08-7-2017

reunion de violentos

 

 

a industrial cidade do elba
está tomada polos violentos
diante de centos de camaras
eles saudanse e danse afectos
e falan das suas accións
dos seus saqueos e guerras
da inseguridade e do seu certo terror
do atroz-consumo da libre explotación
e das suas moitas mentiras

no porto industrial do elba
con impunidade a banda dos 20
trump putin juncker xi jinping
macron merkel peña nieto macri
erdogan … a do brexit o da plastilina
con violencia man a man co capital
seguen arrasando o planeta
e anuncian máis miserias

o cronista


07-7-2017

casona abandonada



abandonada a casona
cada dia e mes que pasa
os vexetais mais a cercan
cristais rotos rota ollada      

abandonada a casona
pola natureza asoballada
vai perdendo a súa memoria
vai camiñando cara a nada

na florida

04-7-2017

antom e maria



saudei a antom santos
hai uns dias na sua visita
ao centro social a re-volta
que sonha coa re-volucion
pero caminha a re-sistencia

antom saira da inxusta
prision hai oito semanas

e veu compartir cos  seus compas

da revolta o faisca e outros espacios
e se cadra estes dias el volta
entrar naquel noxento reclusorio
pero de visita a sua inxustamente
presa companheria maria osorio
coma outros compas independentistas

maria osorio somos todas

manolo pipas

02-7-2017

sons na xanela



sons imaxinados
buscados atopados disfrutados
coas melodías as letras as improvisacións

noelia e paco dous na xanela
na pequena carpa na praza a parella
a mediodía ofrece entrega o seu corazón


manolo pipas