Maio 2018

01-6-2018

o cesado e o bolso



nun bolso levanse e gardanse
as cousas que unha e un
pensa que son necesarias
nun bolso non se poden gardar
esconder todas as vergonyas
pero hai quen o tenta
desde cristina a soraya

se fuerte mariano
dinlle cospedal e feijoó
zaplana barcenas rato aznar

urdangarin juan carlos felipe ...
pero el se cagóu polos pantalóns
e na tarde non deu a cara no congreso

el senhor de los hilillos
tinya medo de oir as verdades
o bo espanyol e mal galego
que desprecia as patacas
como bo mago e escapista
din que se meteu dentro dun bolso

pero o certo e que pasou oito horas

escondido nun restoran

o cronista


31-5-2018

as 23.32 horas


son as 23.32
vintetres e trintedúas
góstanme os números
redondos  e  capicúa
como de ida e volta

que algo insinúan 


unha abrasada

minya amiga

bos soños
boa lúa



 

 

 

 

 

29-5-2018

censor e mocion de censura

 


gurtel la mafia del pp
titular da prensa espanyola

a sentencia do caso gurtel
un documento de 1600 paxinas
que se pode simplificar
resumir en duas palabras
pp mafia 

o gran censor
e enemigo dos artistas
e xefe dos corruptos
pode ser censurado
coas suas mentiras e insultos

o home que cando
se sentou no banquillo
falou falou e falou
e non dixo case nada
o gran mafioso
el padrino ...

 


na foto rato rajoy e aznar

e so un entrou en prision...

continuará...


28-5-2018

velliño coche

 


o vello seiscentos
a finca e as palmeiras
imaxe doutros tempos

av atlantida bouzas

 

 

26-5-2018

versos musicas cancions

 


refúxiome moitas veces entre palabras
nas lembranzas dos bos tempos pasados
imaxínome camiñando rúas lonxanas
e vou tarareando algun canto

refúxiome na música moitas veces
as melodías que na casa escoito
ou que me acompañan coma fondos
son case todas ben envolventes

as músicas e cancións coma alimento
unhas veces coma froitas que masticas
como líquido que bebes aire que respiras
co ritmo da túa vida espacio e tempo

un alalá un fado unha chacarera
un son un swing unha sonatina
que estilo e que voz ti necesitas?
que música ou canción ti desexas?

versos que medraron
entre os recitais
imaxe de hai tempo


24-5-2018

ovo perdido

 


caiu un ovo dun niño
da árbore das mandarinas
e parece dunha merla
estes escuros paxaros
na súa prudente distancia
son mui bos compañeiros

foto de hai duas semanas



23-5-2018

pomba e casona

 


tamén a pomba
se sorprende das xanelas
tapiadas da casona

están ben tolos
estes animais con roupa

no antigo concello
de bouzas

22-5-2018

casona e araucaria

 



a araucaria grandota
non sei se está na finca
da mariñeira casona
pero as dúas na foto
están ben chingonas

rúa dos ferreiros
bouzas

20-5-2018

titeres e sensato




os títeres en redondela...
pero desta volta non fomos
escusaríannos os amigos monecos
os titiriteiros os músicos as cativas...
de seguro que estiveron chingones

coma na imaxe
voltei a ollar un pouco
os debuxos do bestiario sensato
e das enfermidades da alma
e os pequenos monecos
animados de plastilina
como se aínda estivese
na exposición do sensato pascu


foto nuria gonzález
versos manolo pipas


19-5-2018

solitarios bancos

 


os dous solitarios bancos
no monte coas arbores taladas
cada dia mais solitarios

imaxe de hai un mes
monte dos pozos
freixo

 

17-5-2018

de rosalia carbalho calero

 


dezasete de maio de rosalía
a maría vitoria moreno
letras poemas relatos diálogos
e moitos seguimos agardando
por ricardo carbalho calero
cousas da  real  academia  galega
coa que diálogo case non hai
a dezasete de maio compromiso
coas nosas galego-lusófonas letras

manolo pipas

17-5-2018

letras palabras textos

 


as letras unha a unha
formando palabras liñas textos
relatos diálogos poemas libros 
letras cantigas e manifestos
dezasete de maio de rosalía
a maria vitoria moreno

guedellas de seda e lo

mar adiante o cataventos ...

extremeña namorada de galiza

mercido o seu recoñecemento


pipas