Agosto 2018

30-8-2018

pequenos froitos

 


tempo dos froitos
das húmidas árbores das meigas
as pequenas e redondeadas
avelás

 



27-8-2018

selva da bouza



como unha selva
a húmida bouza
a nosa reserva
en coia

 



24-8-2018

lorca allende laxeiro verne

 


esquina con garcía lorca
a costaneira rúa salvador allende
empeza co mural de laxeiro
e baixa seguindo o mural de verne

pequenas rúas destacados murais
neste rincón de coia envolvente
catro grandes homes inmortais

manolo pipas

22-8-2018

axentes ambientais e forestais



axentes ambientais e forestais
pola defensa do patrimonio
natural deste pais

o monte somos nós

pola defensa e custodia
dos nosos valores naturais
pola defensa dos servizos públicos

pola dignidade e profesionalidade
dxs axentes ambientais e forestais

por un rural e un monte vivo
porque o noso medio ambiente pide axuda


e saistes ás rúas da cidade

coas vosas roupas de coidar a terra

cos vosos traxes de loitar contra o lume

e coa vosa dignidade e denuncia 


o monte é vida

pero o goberno da xunta

fomenta máis a morte que a vida 

en cursiva as palabras

das defensoras e defensores do monte
que están en folga e que se manifestaron 
por unhas condicións de traballo dignas 

 

20-8-2018

o mural de verne

 


o mural de jules verne
na avenida das flores
ten unha serie de estampas
e ducias de detalles
do seu salgado mundo

as barbas do capitán
os barcos e o nautilus
as algas e as anémonas
os peixes e os buzos
os xigantes cefalópodos
a cidade submariña
os nosos curmáns cetáceos
a man e a pluma de verne

na florida coia

17-8-2018

flores de magüei

 


o magüei
logo duns dez anos
de vida
florece e maduran os froitos
e morre

en coia

16-8-2018

salvar vidas

 


salvar vidas non é delito
o delito será non salvalas
neste mar canso dos humanos
augas e costas milenarias 
que ben merecen outra historia
sen pateras e sen barcazas

vidas de argel a algeciras

e de benghazi a catania

vidas de mersin ao pireo
o delito será non salvalas


desde un porto

 

14-8-2018

golpeado marisquiño

 


marisquiño o festival
de chamados deportes urbanos
coas tamén brincadeiras músicas
de popeiras e hiphopeiros
na inxusta cidade de costas ao mar

e o marisquiño rematando
case acabóu en traxedia
co pantalán que deixaron cair
o porto e o cortello de vigo

e da súa incompetencia
foron catrocentos feridos

o marisquiño competición
sucio combate pp psoe
a centola contra o boi

o cronista

 

12-8-2018

fugaces perseidas



perseidas
bágoas do sol
ráfagas de ouro
chuvia de estrelas
bandadas de meteoritos...
ollamos estes días no firmamento
eses fragmentos da cola dun cometa
fugaces luceciñas sobre a atmósfera da terra

foto da rede

 





11-8-2018

mapa vexetal



amieiros salgueiros e carballos
estas árbores debuxan un mapa
unhas illas un país imaxinario

na bouza

 







08-8-2018

humido solpor

 



cargáronse as nubes
chovéu un pouco na tarde
cumprido cargado húmido solpor

 




08-8-2018

do feminista verde

 


o verde é a cor do vexetal
da ecoloxía da vida...
e o verde foi tomado
polas feministas arxentinas
por un aborto en liberdade
e non aos abortos clandestinos
e perigosos en clínicas privadas
por un aborto legal
seguro e gratuito

o dereito das mulleres
a decidir sobre o seu corpo
vótase hoxe en argentina

polos de arriba onde hai

máis homes que mulleres  


foto da concentración
de apoio en vigo


leo o día despóis

que perderon as mulleres

non hai despenalización