Decembro 2019

07-12-2019

do que arde


o que arde o que arde
o filme de oliver laxe
e arden tantas cousas
o rural que se baleira
arden o bosque o monte
os ríos as rías os mares
a sociedade de consumo

 

 

05-12-2019

vai algo de frio


vai frío
vai algo de frío
vai bastante frío
pero non o suficiente
falta muito frío nos polos
falta no ártico e na antártida
no himalaya nos andes nos alpes
máis frío nos pirineus nos ancares...

 

 



04-12-2019

trece e mais rosas


as trece rosas
estes meses estiveron
coma onte en boca
e na pluma de moitas
as máis reivindicándoas
os menos insultándoas
pero non esquezamos
que houbo miles de rosas

republicanas asasinadas 

 

 

02-12-2019

da destruccion da vida


cando penso na destrucción da vida
penso nas mineiras e na industria
no turismo e nos centros comerciais
nas grandes cidades e no capital
nos malos e pésimos gobernantes...
penso no noso atroz consumo
e na emerxencia climática

 

 

02-12-2019

da vida


cando penso na vida
penso en nubes e bosques
penso en lagoas ríos e rías
arrecifes glaciares montes …
penso no día e na noite
nas estacións e no clima 




01-12-2019

a nena e o barco


a nena o barco
e o océano atlántico
a nena no barco
cara ese cumio climático

a nena no ecolóxico barco
na escola baleiro o seu banco
esas físicas experiencias
deben ser o seu mellor temario

pero ...en cambio...