Xullo 2020

08-7-2020

enredadeira e casa



as follas e as flores
lentamente van tomando
a misteriosa casa do barrio


que vivan moito tempo

 

 



06-7-2020

de rebrotes e focos


un rebrote un foco
e vai un tras outro
estaba avisado e visto
hai mui pouca conciencia
e aínda hai menos sentido
e hai moita xente explotada
sen bos medios sen tempo
sen espacio contra o virus
pésimo desconfinamento

ao presidente herdeiro
do franquista fraga
importanlle mui pouco
os contaxiados e confinados
da bisbarra da mariña
so lle importan os seus votos

 

 

04-7-2020

cantos mais deben morrer


cantos máis deben morrer ?
manifestan nas rúas os sanitarios
esgotados explotadas enganadas
e pouco caso lles fan as persoas das rúas
das casas dos lokais das festas ...
e menos caso lles fan

aínda os malos gobernantes