Outubro 2020

31-10-2020

carvalho calero

 


avó ricardo
carvalho calero
da nosa tribo orfa
de carvalhos e carballas
landras bugallos carbalheiras

foto da bouza

30-10-2020

fentas loureiros codesos



toxos e mentastros
silveiras e fentos
castiñeiros e xestas
fungos e estripeiros
salgueiros silvarbeiras...
pero faltan os freixos

sabugueiros e funchos
amieiros e loureiros
sanguiños e aveleiras
carballos e codesos
croques malvas e fentas...   
pero faltan os freixos

posdata
acacias arcolitos...
non van ben cas rimas


28-10-2020

follas de outono


o outono muda
a cor das follas
as follas murchan …

outono follas secas
follas que caen e voan
e vai voando o outono



27-10-2020

votar e botar nas americas


polo continente americano
andan a votar e botar

a un ano escaso do golpe
de estado en bolivia
as urnas déronlle a victoria
a esquerda derrubada

en chile votaron retirar
a constitución do golpista
asasino-dictador logo senador

e nese país innomeable
van votar ou botar á bestia
pero a súa constitución
e as súas formas son peores
que as do seu esbirro pinochet

 

26-10-2020

a-lar-ma-dos


estado de alarma !
e toque de queda !
e canto queda do estado ?
in com pe ten tes

o virus é a monarquía 
as relixións a banka
o capital … e nós
e seguimos pasando
de alarma climática

 

 

21-10-2020

defendendo a terra



defender a terra non é delito
estado español autoritario
a solidariedade non é delito
espanha é unha cárcere de povos
ser  independentista non é delito
audiencia nacional tribunal fascista
hoxe son eles mañán podemos ser outr@s
liberdade e absolucion independentistas


se defender a terra é un delito
eu tamén non culpable

manolo pipas



20-10-2020

o corazon da arbore



o corazón da árbore talada
o tronco do salgueiro en silencio
denuncia e plegaria

 

 

 

19-10-2020

cano de auga



o cano da ghaspara
lúa a lúa sen descanso
sempre regalando auga

 

 

15-10-2020

daqueles grandes lumes



xa van tres longos anos
daqueles veloces voraces lumes
e nós non fixemos case nada
e os darriba menos ca nós

e as feridas da terra
as cicatrices do monte
a memoria das árbores mortas
en silencio denuncianos

foto destes días
na ghaspara freixo

 

 

14-10-2020

derrubada arbore



a grandota árbore derrubada
polo último  temporal
e tres anos atrás
morta polos lumes

que o seu tronco fique no chan
como memoria


na ghaspara


 

12-10-2020

hispanidade e xenocidio


na nosa inxusta e sucia cidade
teñen a rúa colón e a de hernán cortés
a rúa pizarro e a avenida hispanidade
nomes de rúas que por desgracia
tamén teredes nas vosas urbes

sería un pequeniño acto de xustiza
mudalas pola rúa dos caribes
a rúa dos mexicas e a dos incas
e dos diversos pobos indíxenas
e pola avenida do xenocidio
dese non descuberto continente

na nosa desmemoriada cidade
non hai estatuas de conquistadores
para pintar ou derrubar
pero si de moitos militares
e tamén hai bustos para homenaxear
como os de bolivar e martí



11-10-2020

das liortas de midrí


as liortas do covid
tamén serán contaxiosas
co epicentro por midrí ?

a coalición da autonómía-rexión
dos mentirosos franquistas de ayuso
contra o goberno da nación de coalición
monárquico-republicana-socialtemócrata…
rifan presidente con presidenta e ministros
consejeros delegados e técnicos varios
mentres os milicos nas súas maniobras
seguen a fumigar a diestro e siniestro

pero non en génova e na zarzuela

podedes salvar midrí
pero sobre todo salvar
de midrí a eeeespaaña

o estado de alarma chega
mui tarde e non abonda
deberon aplicar o artigo 155