Decembro 2020

31-12-2020

compañeiras coidadoras


traballadoras coidadoras
do servizo de axuda no fogar
vos dades atención
a persoas dependentes
ou con necesidades asistenciais
que moitas veces son
os nosos vellos e vellas
vós dades coidados
e vós levades calor ás casas
vos dades moitos afectos…       

vos sodes coidadoras
e tedes que ser limpadoras
cociñeiras psicólogas …
e moitas veces facedes
de fillas ou de nais
das persoas que atendedes

pero vos sodes
mal atendidas e pagadas
e nestes meses do virus
a vós non vos dan o tempo
nen os medios necesarios
para realizar eses servicios

compañeiras coidadoras
organizadas ou solitarias
para vós tardarán as vacinas
que a vós ainda que estades

dispersas por miles de casas

non se vos ve oe e sinte
traballadoras contratadas ou non
vós case non saídes nas noticias

compañeiras coidadoras
que a chuvia a lúa as árbores...
e este planeta vos coiden

un abraso     

manolo pipas

 

30-12-2020

pandemias 1918-2020

 


hai cen anos
con aquela gripe e pandemia
mal chamada gripeespañola
morreran máis de 50 millóns de persoas
gripe que golpeóu a todo o continente
e matóu en boa parte do planeta
e tamén na segunda onda como agora  
houbo máis mortes que na primeira

de todo isto
desa traxedia mundial moi relacionada
con noso sistema de producción e vida
nada nos contaron nos libros de historia
que enchen páxinas e páxinas
falando de guerras reinados
imperios e máis guerras
e que son case todas iguais
loitas de poder sen sentido

planeta terra 1918-2020
tardóu moito en chegar
un perigoso virus
e outra pandemia global
e case nada aprendimos daquela
e mui pouco aprendemos agora

este non é un ano para esquecer
como moitos mal afirman por aí 
este é un ano para lembrar e analizar

29-12-2020

góstame o frio


góstame o frio
o vento e a chuvia
e góstame a calor
e a sequedade

gosto de cada forma
dos tempos de cada estación
pero mellor se non é  
fora do seu tempo natural

 

 

28-12-2020

vacinas e sanidade pública


as farmacéuticas
esas sucias empresas
cobraron ben as vacinas
pagadas polo estado
que somos todos nós
a sanidade pública

e reflexiono e pregunto
se os que desmantelaron
e desmatelan a sanidade
e case todo o público
e os que botaron por eles
tamen teñen gratis a vacina?

se dentro duns meses
nos ofrecen o pinchazo
polo ben da comunidade
valoraremos poñela


seica onte vacinaron 

as primeiras persoas

e fixeron un circo con elas


saúde e loita




27-12-2020

das sucias farmacéuticas


na carreira das vacinas

por sacala antes e mellor
as saqueadoras e sucias
farmacéuticas seguen
arraxando o noso planeta
plantas árbores algas minerais…
e producindo lixo e mais lixo

que non sabemos onde vai
desde a primeira proba
até a última caixa

esas sucias empresas
cobraron ben as vacinas
pagadas polos estados

a sanidade pública


seica hoxe puxeron 

as primeiras vacinas


saúde e loita




 

26-12-2020

nadal virus e lixo


nadal consumo atroz e lixo
son palabras que van xuntas
e co virus e a crise económica
disminuiron as compras
pero nas rúas os contenedores
botan por fora cartóns e plásticos
da embalaxe dos regalos
e tiranse moitos xoguetes e libros
usados e bastantes en bo estado
case ninguen se atreve coller
por medo ao virus

saúde e terra

24-12-2020

fala o ilexítimo rei


posible titular de prensa ou frase
máis destacable do discurso
panfleto greguería esperpento
cadavre esquisito …
de hoxe do ilexítimo e corrupto
monarca das espanyas herdeiro
do dictador felipe el breve de borbón

yo , la segunda reina , la princesa
y la infanta nos solidarizamos
con las familias que no pueden
juntarse en estas queridas fiestas
porque tienen a algún pariente preso
y al patriarca lejos de la patria…

saúde e independencia

 

 

 

24-12-2020

perigo polas fisterras


un vello cargueiro nuclear
que hai anos ía para o desguace
segue navegando os mares

e con ventos de alerta marela

averiado pasou estes dias

perto da costa da morte ...
sónavos esta historia ?


esta chatarra nuclear

que navegaba fronte a angola 

suspendeu a súa travesía
e retorna ao seu porto ruso
este buque-bomba de reloxería
leva unhas cen persoas a bordo
ameazadas como todas as augas
polas que pasa e as costas máis
ou menos perto do seu ronsel

saude e independencia

 

23-12-2020

xustiza española culpable


a xustiza española
declaróu inocentes aos doce
compañeiros independentistas   
algo que moitos sabíamos
afirmábamos defendíamos...


declarados e declarada inocente

logo de cinco anos de represión
psicolóxica e mediática
e de abusos económicos
desde a detención até a sentencia 

outros inocentes independentistas

levan anos presos e a policia

e a (in)xustiza españolas
son culpables de tantas
e tantas mentiras atropellos
persecucións criminalizacións...


saude e independencia

 

 

 

 

23-12-2020

do virus e o nadal 2


solsticio   nadal    fin de ano ...
excesos de desprazamentos e visitas
de compras comidas e outras xuntanzas
como ?  por qué ?  para qué ? 
que din nos hospitais e residencias ?
as sanitarias e as coidadoras
están  mui esgotadas

 

 

22-12-2020

figueira



a figueira
xa sen follas
pero con figos

 




21-12-2020

solsticio e virus


solsticio de inverno
e de verán solsticio
por baixo do ecuador
pero nunha soa terra
xa varios coroa-virus