Decembro 2020

18-12-2020

do virus e o nadal


salvemos este nadal
machacan as autoridades
que facemos cos horarios?
e que coa movilidade ?

gastade e consumide
até morrer a consigna
tamén saltan os prazos
as sospeitosas vacinas

salvemos as tradicións
reis malos ou papanoel  
e a ayuso ou a simón
no belén de caganet

colega da mascarilla
se podes queda na casa
o que ves e oes por fora
non inspira confianza

salvemos este nadal
e nas comidas das festas
dous tres nucleos familiares?
seis ou dez en cada mesa ?
e que pasen os achegados
manda o capital e a igrexa

 

 

16-12-2020

os trofeos de meirás


querida emilia pardo bazán
o teu querido pazo foi un trofeo 
do fascista e da súa familia
e a túa biblioteca secuestrada
non se podía visitar

e agardemos que agora

poidas compartir o teu legado


mentres tanto colgaban
nunhas paredes cabezas de coitados
animais como trofeos de caza
e se cadra sería mellor
devolvelos ao monte e enterralos

o busto e os retratos do dictador
e da súa familia tamén deberíamos
enterralos nunha cuneta
pero se cadra será mellor
que con eles e un relato axeitado
o pazo teña un espacio
de memoria antifranquista

 

 

14-12-2020

curiosos horarios


cafeterías e bares
teñen que pechar as cinco
pero bingos e locais de apostas
están abertos até as once
que deben ser servizos importantes

que che toque o virus
tamén e unha lotaria
se tes que sair da casa
e andas entre humanos

 

 

11-12-2020

as chaves de meirás


a finca a casona
as torres o pazo de meirás
os xardíns as árbores
e os libros da túa biblioteca
querida emilia pardo bazán
foron devoltas polos franco

as fontes os horreos
as ánforas os tapices
os pergaminos o reloxio de sol
as esculturas do mestre mateo
as chaves de meirás

e a túa torre da quimera
querida emilia pardo bazán
aínda non son do pobo
agora son do estado
do concello de sada
da deputación da coruña
e doutros herdeiros do dictador
que son os do goberno da xunta
querida emilia pardo bazán

 


 

10-12-2020

a mesiña do piñeiro

 


dun annistiado anaco
do piñeiro de freixo
tamen foi sair
esta pequena mesa
rústica e austera
como o asento de pedras

 

 

09-12-2020

o tronco do piñeiro



o tronco do grandote
piñeiro de freixo
foi cortado en anacos
que agardaron en fileira
a chagada do chimpín   
e marchóu a futura leña
a quentar aos humanos

 

 

08-12-2020

tabernas e tabernicolas


a los antropólogos
los encuentras en los antros
díxome jaime luna
na serra juarez de oaxaca
jaime indíxena zapoteca
trovador antropólogo bebedor…

algúns taberneiros tamén
poderían ser bos antropólogos
e muitos son sobre todo
conversadores e psicólogos

a taberna sen ter vida na barra
xa é muito menos taberna

 

 

06-12-2020

distintas varas de medir


nas vísperas da constitución
que mellores días para mandar 
aos demócratas catalás a prisión

pensaria o postfraquista tribunal   

mentres que os ameazantes militares
que queren matar a máis da metade
dos espanyois o día da carta magna
seguen campantes en liberdade

o títere rei segue sen decir palabra

 

 

 

04-12-2020

do maltratador ao asasino

 

un violento
un machista maltratador
é un asasino en potencia
como resultóu ser
o marido asasino de soledad

quen nega a violencia machista
é un machista e posible maltratador
e o goberno municipal
que non apagóu as insultantes
lucecitas navideñas do lugar
da concentración de repulsa
tamén debe ser machista 

na cega cidade de vigo

 

 

04-12-2020

confinemos case todos


confinar debemos
facelo case todos e todas
agás saúde alimentación
e outras urxencias verdadeiras
e facer algo serio e efectivo

e parar tantos desprazamentos 
verdade amigas sanitarias
non é certo amigos labregos
os smarfones non se poden comer

que pare o textil e as súas tendas
que temos roupa na casa pra tempo
e que paren as tendas de calzado
que non nos deixan camiñar

que pare unhas semanas a bankkka
de xogar traficar cos nosos cartos
e que devolvan o que non é seu

que paren aínda máis avións
e que paren as fábricas de coches
que eles xa so nos levan cara o abismo


que paren as fabricas de armas

pero que estas non abran nuncamais

que paren as obras
que ese exceso de recheos
túneles rampas mecánicas
ascensores escaleiras pontes...
que o noso mundo se derrumba

 

 

03-12-2020

café para levar 2


cafés para levar
e millóns de envases e culleriñas
de cartón e de plástico para tirar
e as papeleiras a desbordar

para levar café
e levade o voso envase
se mellor futuro queredes ter


02-12-2020

arbore morta



o tronco da árbore morta
está cheo de moita vida
e moita máis vida dará
até que se descompoña