Febreiro 2021

28-2-2021

regueiro de cartas



nas terras da ghaspara

baixan as augas de freixo
polo regueiro de cartas

que leven tamén
a miña palabra


manolo pipas

 

 

 

 

27-2-2021

árbores ribeireñas



arbores ribeireñas
con algunhas das raices
dentro do propio río
xuntos salgueiro e amieiros
uns grandes amigos

 

25-2-2021

o virus do lixo


o virus do plástico
do metal e o cristal
do papel e o cartón
de usar e tirar

o virus da nosa
sociedade suciedade
das bolsas das latas
dos vasos das culleriñas  
das botellas das caixas
das luvas das mascarillas...
das cousas de usar e tirar
por todas partes tiradas

 

 

23-2-2021

ponte sen rio



a ponte medieval
á que lle roubaron o río
que lle daba sentido
que sentido lle daba
pero chea de vida a ponte
oito veces centenaria

 

 

22-2-2021

enredados

 


a maraña
do noso enredado tempo

o laverinto
da nosa sociedade

no medio da ramada
quietiñas as dúas pombas
a ver se as atopades

 

 

19-2-2021

liberdade disturbios...


manifestacións na defensa
da liberdade de expresión
e en apoio a pablo hasél
que acaban cunha minoría  
enfrentada a policía  
e que queima contenedores…
que están noutra loita

destrozar e queimar mobiliario
urbano e o pequeno comercio
e algo feo mui feo
antiecoloxico antisocial...
e pagámolo todos nós

na nosa sociedade sobran
os que queiman contenedores
sobran as forzas de represión
a banka a monarquia a igrexa
as fábricas de armas os militares
os políticos corruptos
os xuices sen ética ...

fai falta educación cultura
memoria sanidade afectos ...



16-2-2021

democracia para quen?


o músico e poeta pablo hasél
foi arrestado e levado a prisión
por dedender a liberdade
de expresión

a enesima corrupta do pp
seica onte foi absolta
por falta de probas

fascistas e anti-semitas
maniféstanse en madrid
exaltando o nazismo
co beneplácito do estado

democracia onde? 
democracia para quen

 

 

14-2-2021

de varias mascaradas


polos varios virus

foron suspendidos
os actos dos entruidos
pero os cativos das escolas
saían cos seus disfraces
e polas rúa sen nós querelo
todos andamos enmascarados


domingo dos entruidos
e día das namoradas
catalanistas i espanyolistas
monárquicos e republicanas
as esquerdas e as dereitas
os corazóns e as pantallas

máscaras e mascarillas
entruidos e namoradas
perfecto día pra votar
e que siga mascarada

11-2-2021

un pequeno vento...


un pequeno vento
move as altas árbores
unha rózase con outra
e o seu son e do do rego
acompáñame na tarde

 

 

09-2-2021

árbores e carretera


plantei hai unhas semanas
carballos amieiros e unha aveleira
nun terreo que está ameazado
por unha non necesaria carretera

que lles deixen vivir uns poucos anos

 




08-2-2021

da banda das virtuais


esa banda de deputadxs
de maneiras neo-fascistas
que ideo-loxía se cadra nen teñen
propoñen que as empresas chinas
non participen nunha cousa
da tecnoloxía virtual

pois se cadra non estaría mal
se o facemos tamén cas empresas
yankis israelitas sauditas rusas …

sen huawei feisbu-kkk amazon...
viviríamos algo menos mal

que nos deixen respirar

 

 

06-2-2021

vota-bota catalunya


seica vai votar catalunya
as deputadas do seu parlament
se os varios virus o permiten
e os xuices postfranquistas mandan
pero nun país con presos políticos
e con deputadas e consellers exiliados
por votar-botar nun ético referendum
non pode votar en liberdade