Marzo 2021

08-3-2021

8 dias de marzo


o luns día 1 de marzo
na rúa vexo cartaces
feministas do 8 de marzo
martes 2 cantos comentarios
machistas escoitaría hoxe? 
mercores día 3 na radio contan
dunha machista agresión...
día 4 xoves de marzo aqueles
cartaces feministas foron
arrincados da parede
o venres 5 leo na prensa
dunha violación grupal...
sabado 6 de marzo a traballadora
dunha cafetería familiar cóntame
que o luns non pode facer folga
domingo 7 víspera do 8 de marzo
cantos feminicidios haberá hoxe?
feminista luns 8 de marzo
acompaño as mulleres na súa marcha

07-3-2021

8 de marzo controlado


luns oito de marzo
feminista oito de marzo
primeiro día doutra semana
onde manda o virus machista
para o que non hai vacina

feminista 8 de marzo
controlado insultado
silenciado sesgado castrado...
8 de marzo con restriccións
que son proibicións
que para outros non hai
oito de marzo con máis
razóns para o feminismo
e non vos poden parar




06-3-2021

feministas da tribo


feminista maría balteira
maría castaña pepa a loba
feministas da tribo
maría soliño concepción
arenal rosalía de castro
emilia pardo bazán
lolita díaz baliño
maruja mallo
maría casares
anisia miranda
xela arias
feministas

 

 

 

05-3-2021

inmenso iceberg


unha inmensa masa de xeo
un xigantesco iceberg
soltóuse da antártida
e vai polo mar adiante

desfacendose en auga
sen rumbo sen destino
sen control sen sentido

sentímolo e sentirémolo

 

 

03-3-2021

recuperada serra


 

         a tito xan e luis

saúdos da recuperada serra
este ecóloxico tronzador
ducias de anos sen usarse
que nós herdamos dos avós 

serra grande co seu ritmo
para dous corpos catro mans
métese co piñeiro queimado
que tirou o temporal

tronzadora que vai e ven
coa musiquiña dos seus dentes
facendo uns toros do tronco
e serrín na ghaspara envolvente

 

 

 

02-3-2021

recordos de freixo



recordos de freixo amigos
dos regueiros envolventes
dos poulos abandonados
das vides arborescentes
das prímulas e os carballos...