Xuño 2021

14-6-2021

defensoras da terra


indíxenas e mestizas
que vos coidades da terra
que perigo vos corredes
so por defender a vida

de méxico a colombia
da amazonía ao congo
da india as illas filipinas
cantas comuneiras mortas
so por defender a terra e a vida

 

 

13-6-2021

açores nautilus revolta


a montaña e o veleiro
déronnos sinais de vida
polas illas dos açores
a comisión zapatista
vai facer as pe ce erres
logo segue a travesía

do nautilus á revolta
do casco vello pro porto
o barquiño zapatista
polas rúas como un xogo
anunciando a travesía
destes apreciados pobos

da revolta pro nautilus
vai un boneco xigante
arte a comunicación
facendo comunidade
anunciando a visita
das compas do paliacate
dese veleiro montaña
das nosas queridas cuates

 

 

11-6-2021

a vida e os saqueos


o veleiro e a montaña
unha xira   pola vida
i esa vida zapatista
sempre está ameazada

a malgoberno que mata
cos saqueadores da terra
farmacéuticas mineiras
e os que rouban a auga

de golpes e de saqueos
nós feridas temos moitas
de castrelo ás encrobas
e dos centos de recheos

rouban o vento e o sol
con cacharradas xigantes
e as nosas comunidades
con pouco viven mellor

os veleiros e as montañas
pola vida    esta xira
que todas as nosas vidas
sempre están ameazadas

un camiñante

 

10-6-2021

do calado veleiro


das compas e da montaña
do veleiro zapatista
despois de catro semanas
nada sabemos amigas
perderíase nas augas ? 

esa montaña veleiro
por cuba pasóu cas compas
por açores non sabemos
preguntemos as gaivotas
e aos vellos mariñeiros   

o septeto mudo está
terán as suas razóns
irán co ritmo do mar
e cando vaian chegando
elas xa nos contarán


un camiñante



08-6-2021

a carpa e os pinchazos


nunha grandota carpa
construida para as feiras
pero non para as de gando
nós varios miles en fileiras
valizadas por cordas
somos como formigas ...

un pequeno pinchazo
dunha transnacional farmacéutica
e non che din que che meten no corpo
e doe mais no corazon e na ética
que no propio brazo 

unha soa dose e contento
e a otros tócanlle dúas
doutra noxenta empresa
seica con maior eficacia

falamos


06-6-2021

poema de lois pereiro


(No amor, como na guerra, nunca oímos
o tiro que nos alcanza.
A morte, como o amor, nunca advirte por
onde se nos achega...)

III

Namorado outra vez
do amor que levo dentro
a sede enfurecida dun futuro
esgotou as miñas alternativas
levándome dereito cara ó impacto:
un proxectil conxelado no aire
a poucos metros dun corazón frío
e agar o menor signo de calor
para abrir a súa pel e entrar no sangue
vencido pola forza do desexo
cegamente e sen medo
ó posible desastre.

lois pereiro

 

05-6-2021

dia do medioambiente


día mundial
do medioambiente
que necesario
pero so un día
que hipócritas

mundo e planeta
si que so hai un
medioambientes
hai uns poucos
e todos golpeados
todos ameazados

 

 

04-6-2021

expansivo lois pereiro

 


o silencio a palabra
o poema a música a danza...
queren ser actos expansivos
probocador amigo lois pereiro
da poesía última
de amor e enfermidade

vintecinco anos non son nada
e tamén son moitos invernos
que puderon parir a primavera
e vémonos mañán nese serán

tan rebelde a mediodía

amor e sangue en chiapas
o teu expansivo poema
que tan chingon canta

o garcía e os labregos
e mira lois pereiro
que xa ven o veleiro zapatista ...


amor e sangue en chiapas

xa foi publicado neste espazo 

pipas 

 

 

02-6-2021

a montaña e as illas


as illas sobre as augas
son como unhas montañas
que sobresaen da chaira e da selva
se cadra pensarán en alta mar
as compas chiapanecas

partiron de isla mujeres
e fixeron escala en cuba
e se cadra van parar

nas illas dos açores
e queren completar a travesía
logo de que pase as illas cíes
a montaña veleiro pola vida