Maio 2023

27-5-2023

de dignidade e xustiza


digna vida digna
e os traballos dignos
e os prezos xustos
da comida da auga da casa
da enerxia … prezos dignos

vida e morte dignas
e a terra e a auga
para quen as respeta

nen guerras que nos maten
nen capital e votocracia
que nos opriman

recitado no evento dos ninguéns
con outros versos irmáns

v(b)otacions e reflexions

tempo de e-leccions 1

v(b)otantes e gobernantes

re fle xio nan do pois



27-5-2023

v(b)otacions reflexións


seica mañán é un dos días

máis importantes da democracia

o día máis grande da partidocracia

pero hoxe é un día con menos dereitos

ca onte e con menos que mañán

se falamos un pouco de máis

se digo algunhas verdades

pode cairme unha multa


mes de maio vinteoito 
xornada de v(b)otacións
hox dia antes a reflexión 
votocracia menudo conto   

predicadores charlatáns
insultos e mentiras
poucos perden a partida
seguirán facendo mal

votacións eleccións
programas lemas actos
cortellos e deputacións
e contranatura os pactos
para non perder o timón

con caciques e neo-caciques
máis cedo ou máis tarde
con eles o barco vai a pique


versos recitados no evento dos ninguéns

con outros de reflexións  de anos atrás


manolo pipas

 


16-5-2023

flores letras

 

maio coas súas flores
maio dezasete e as letras
e lingua coas súas dores

 



08-5-2023

flores do vento



a planta do aire
a erva do vento
florece uns poucos días
comparte o seu segredo