25-6-2010

unha verde cousiña




nunha poza mui pequena

que ten unha pouca auga
hai un chiquito animal
que ten unha estraña ollada

nunha poza diminuta
na auga hai unha planta
nela unha verde cousiña
vai botando a sua tonada

nunha poza ben pequena
nun nenufar cor laranxa
dia tras dia a chiquita
ela salta canta e salta

ai verde raiña verde
nunha poza nunha fraga
conta historias de cativas
que viven en verdes casas

dia tras dia as historias
de casas de verde palla
casas de madeira e barro
descobres nas suas tonadas

nunha poza mui pequena
que ten unha pouca auga
ai verde raiña verde
nun nenufar cor laranxa

dias antes do solsticio

a verde raiña verde é unha ra pois
e tamen unha poza infantil ecoloxica
digo unha ecoloxica infantil tenda