08-4-2017

a cebola en festa en teis 1

 


meus amantes da cebola
veciñas e visitantes
vouvos botar unhas coplas
deste bulbo interesante

cebolas e ceboliños
desta barriada de teis
cantos alcouves i eitos
canta horta por comer

teis dabaixo teis darriba
de chapela até bos aires
ceboliñas e cebolos
da emoción vou a chorare

entre a guía e guixar
e tamén por travesía
por detrás dos edificios
medran moitas ceboliñas

din que vos tedes en teis
unha cebola especial
seica é republicana
irmandiña natural

cheiro forte ten a amiga 
e sabor algo picante
a cebola nunca falta
nos petiscos e xantares
…..

agardo que vos gostases
do encebolado poema
que por teis vos vaia ben
coas cebolas en festa

continuará

o cronista