15-9-2010

presentacion do setimo andar

Estades convidad@s a atravesar
unha verde porta que nos lembra cos seus marmurios
que na escuridade deste mundo aínda hai un recuncho
no que as gorxas lotan contra o silencio que ameaza
con volvernos a todxs mudxs tolxs cegxs
como vellos naufraxios sen espirito
durmidxs no interior dunha balea que non parimos
pero a que alimentamos co noso cobarde
ollar indiferente

Se tendes o valor preciso
non o pensedes mais e atopadenos
neste microcosmos de voces espidas
encerelladas na mesma terra
Sede un connosco …

Alzade a vosa alma ao sétimo andar , despois …

Xa nada será igual

,

,
 A Porta Verde do Sétimo Andar
presenta "Sétimo andar, poesía alén",
o seu 2º libro colectivo de poemas no que participan:
Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez,
Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán,
María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.
O deseño da portada é de Roberto Alonso.

1ª Presentación en Vigo!!!
A Cova dos Ratos (Romil, 3 - perto do Concello)
Sábado, 18 de Setembro. 21:00 h.

unha aperta