28-4-2010

a pedra e as chozas

a pedra e as chozas / camiñan parellas
casas e muiños / e os muros das leiras
pontes e cruceiros / que che dan o paso
terra do granito / de duros paisanos
pedras lavadeiros / cantas escaleiras
tamen os canastros / coas suas cubertas
casas que se caen / agora se arranxan
o vello granito / que nunca descansa

.

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

darredor da casa / vai un empredrado
as vellas sopenas / baixo os nosos pasos
pedra ben feitiña / cadrada sopena
ti ben que nos dabas / unha boa mesa
unha estraña pedra / vai facer un banco
parece un menhir / alguén dixo un falo
estas duas pedras /non son indultadas
que segue o empedrado / darredor da casa

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

entre unhas silveiras / foron ocupadas
duas boas pedras / por unha lagarta
a toba o reptil / non conservará
estas duas lousas / seguen a empedrar
algunhas visitas / as chozas chegaron
viven na cidade / camiñan pro campo
tolo mes de abril / de sol e poalla
hoxe van uns versos / os corpos descansan

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

as chozas 24-4-10