08-3-2021

8 dias de marzo


o luns día 1 de marzo
na rúa vexo cartaces
feministas do 8 de marzo
martes 2 cantos comentarios
machistas escoitaría hoxe? 
mercores día 3 na radio contan
dunha machista agresión...
día 4 xoves de marzo aqueles
cartaces feministas foron
arrincados da parede
o venres 5 leo na prensa
dunha violación grupal...
sabado 6 de marzo a traballadora
dunha cafetería familiar cóntame
que o luns non pode facer folga
domingo 7 víspera do 8 de marzo
cantos feminicidios haberá hoxe?
feminista luns 8 de marzo
acompaño as mulleres na súa marcha