21-5-2016

afastados dos compañeiros

 


entre bandeiras

avanzamos pola floresta

e a marcha non é por gosto

é porque a macro prisión de a lama

está afastada da vila no medio do monte

como unha macro inmensa vergoña

 

os compas independentistas abaixo

por defender a nosa cultura e terra

uns poucos días por un traslado

pero voltarán a lonxanos muros

que volten para casa é un dereito

e nós nen podemos achegarnos a eles

que tamén debería ser outro dereito

 

desde o monte berramos liberdade

e desde unhas poucas xanelas

uns brazos de anónimos compañeiros

tentaban comunicar con nós esas arelas

 

manolo pipas