27-4-2019

artelixo e reflexion



artelixo e parnalixo
coas bágoas das sereas
das golfiñas e dos chocos
neste día das reflexións
co micro na porta dun concello
antes dunhas votacións con v
que botar con b está complicado
e penso no lixo que foi case toda
a longuísima campaña electoral

lixo son as mentiras e promesas
que moitos deles nunca cumpren
pero que os fachas e derechita
non poidan cumprir nada
arte o deles o de mentir
lixo a violencia das súas palabras
lixo a súa falta de respostas
aos verdadeiros problemas
e pouco houbo aproveitable

artelixo e parnalixo
poesía contra o lixo
do lixo saen os versos
entre o lixo as rimas
en redondela as artes
e as historias do lixo

manolo pipas