25-6-2021

asembleas e despedidas

 


unha asemblea tras outra
nesta xira zapatista
na nautilus na revolta
nas prazas e nas pedriñas 
os grupos e as comisións 
de traballos desta xira
os dificiles consensos
e as ceas colectivas
pero agora non hai altas
temos moitas despedidas

e da xira platicounos
onte a noite nas pedriñas 
un mensaxeiro das mayas
que na montaña tamén viña 
elas cansas están ben
mais seguirán recollidas
agardando as súas compas
en avións  as travesías