23-4-2010

trova de abril

a lua de abril vai con lento paso
arrastrando sombras de febreiro e marzo
sombra de azinheira que na raia medras
na manhá es lusa na tarde galega

a lua de abril vai con lento paso
buscando grândola e as cantigas do maio
sombra de azinheira que nao sabes a idade
cantos anos xa van sen cravos sen liberdade

e murchan os vermelhos neste mes sen cantos
do velho zeca afonso e o irman adriano
e a lua de abril pasa con lembranzas
por grândola morena que será liverada

lariño 98

esta letra
foi musicada e cantada
por servando barreiro