22-5-2016

corazon de trapo

 

 

vai debaixo dun chapeu

camiña con zapatóns

e sempre vai repartindo

moitas ilusións

 

os seus brazos son moi longos

nas mans máis de cinco dedos

repartindo fantasías

o titiriteiro

 

leva na man a maleta

que está botando por fóra

e na cabesa argallando

moitas máis historias

 

no ombreiro deste home

ou no peto da chaqueta

un boneco leva sempre

linda marioneta

 

vai debaixo dunha ghorra

boca grande ollos saltóns

non se sabe se é de trapo

o seu corazón

 

vai debaixo dun chapeu

choqueiro con zapatóns

e párase a repartir

moitas ilusións

 

imaxe da redondela

titiriteira onte