16-11-2015

da guerra e do terrorismo

 

 

contra os yihadistas dos kalasnicov

francia resposta cos avións

contra o terror que parís asolóu

bombardeos en siria con máis horror

 

toda guerra é un acto de terror

toda acción armada é terrorismo

 

os asasinados de parís polo atroz

fanatismo yihadista teñen un cruel número

e todos ou case todos serán identificados

pero as persoas asasinadas

polos bombardeos de francia

en siria antes e despois

destes atentados non teñen número

e poucas foron identificadas

cantos civís serían? cantos centos ou miles?

 

que é máis cobarde e inhumano?

asasinar a alguén desarmado

cun kalasnikov arriscando a vida?

ou bombardear un lugar

a miles de kilometros do teus país

e logo marchar para casa

correndo mui pouco perigo?

 

pola repercusión nos medios e na rúa

hai asasinados de primeira e de segunda!

 

o cronista