09-4-2015

paseo humanitario 2

 

 

ramblas ou refuxiadxs de mil guerras

no paseo dunha cidade occidental 2

 

polas ramblas eu camiño / do eixample até o mar

a galiza con euskadi / e os paisös cataláns

no posto independentista / teñen o seu material

 

botan lume pola boca / dous rapaces de nigeria

e poden limparche as botas / pero non a túa conciencia

 

unha meniña gitana / a unha gringa le a man

e descobre que o seu home / bombardea algún lugar

 

uns servios fan malabares / bolas cada vez mais alto

e unha parella albanesa / vende esperanzas en barro

 

e no metro baixo as ramblas / nun pasadizo profundo

un dunha posible secta / di que ven o fin do mundo

 

dunha torista finesa / un pagés fai un retrato

baixo as árbores camiñan / corpos do último naufraxio

 

cen paxaros de mil cores / nas gaiolas tristes chian

e no chan van rematar / o mural de todo un día

 

desde o mar ate o eixample /o paseo foi máis longo

e nas ramblas naveguei / por pesadelos e soños

 

escrito entre barna e vigo 98-99

e case podería ser de hoxe