02-4-2012

chovía nas fragas




do que nos roubaron estes dias


chovia na densa fraga daquel rio
a auga que baixaba que pedia mais auga
como un desafio descargaban as nubes
sobre todos os tonos do envolvente verde

nos camiñabamos por baixo das arbores
e éstas logo de cobixarnos da chuvia
ian xuntando nas suas follas a poalla
e sobre nos xa caian grandes pingas

a densa e humida floresta do rio eume
das grandes arbores aos pequenos fentos
todos os tonos do envolvente verde
e de segunda volta xa chovia por nos

lariño

imaxe dun paseo o 5-8-2011
e versos de tempo despois que non sei
porque non decidin publicar antes