28-4-2015

cidades e vidas boas

 

 

     a katharina eva pepa tania

     diego maría e toda a rapazada


cheguei en tren a ourense

e fronte a fachada da estación

hai unha locomotora antiga

que é onde debe estar


logo de cruzar varias pontes parques

apertas mercados prazas e conversas

no edificio de ferro a facultade

de educación grao traballo social

nunha mesa redonda falamos

co estudantado de pobreza e exclusión

do traballo social e o activismo

 

 

filantrópica boa vida

recoñecerse como pobres

inclusión social activa

 

autoxestión mútua axuda

boa vida queremos todos

unha sociedade máis xusta

 

a boa vida é un dereito

dereitos sociais para todos

pra todos curre pan e teito

 

nunha casa non pode faltar

nesta era do despilfarro

comida auga luz e gas

 

 

marchamos en carro

e á beira dunha ponte do miño

nunha rotonda temos a pequena

imitación en pedra do monumento

que mandóu saúdos pro noso barco

 

manolo pipas