02-4-2012

contra a queima do pais




Desde a rede de colectivos “Galiza Non Se Vende”

apoiamos as concentracións convocadas para o día
de hoxe luns 2 de abril, en distintas cidades do país,
en resposta ao desastre intencionado
das Fragas do Eume.

Mobilízate contra os que queiman o país
e os que o consenten coa sua nugalha!
Horarios das concentracións cidadáns
que se están a convocar para hoxe,
luns 2 de Abril, ás 20:30:

A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: no Sereio;
Compostela: no Obradoiro;
Pontevedra: na Ferrería;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello
Pontedeume ás 20:00 diante do Concello.

Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis,
nin é un acidente casual, asemella ser
unha operación premeditada,
igual que muitos dos lumes
nos últimos anos.
Os montes que están ardendo
son «zonas eólicas»
e «zonas forestais», a «repoboar»

con muiños e eucaliptos.
Queimar as fragas é rebaixar
o seu gran valor natural beneficiando
aos intereres das celulosas as mineiras
os encoros as madeireiras...
Contra a queima do pais
os seus culpables e complices

galizanonsevende.org