01-10-2014

as cousas do alcaldísimo

 

 

un pouquiño da longa historia

dun curioso alcaldísimo

 

miñas donas meus señores

nunha curiosa cidade

defende ben rancias causas

un ben curioso alcalde

 

por gañar uns poucos votos

por apoios doutros grupos

un non chega a ser alcalde

que este cargo ten máis truco

 

hai que traballar arreo

non mentir ser educado

falar pouco escoitar máis

e aprender do teu pasado


ex-ministro do felipe

cacique de cuño novo

un vigués de puente-arenas

sempre presto para a foto

 

mal candidato pra xunta

coa derrota das máis grandes

alcaldísimo alcaldito

aprendiz de paco vázquez

 

que modesto o seu partido

que señor con pouco ego

ai parece que a alcaldía

importa máis que o concello

 

miñas donas meus señores

nunha curiosa cidade

defende unha cruz franquista

un ben curioso alcalde


o cronista