02-12-2010

nova caixa do capital


 


nova caixa galicia
e ate xuntaron os dous nomes
co seu falso equilibrio
mais patetico que poetico
e cecais sexa nova
pero xa non é caixa
e nunca foron nen serán
de e para galicia-galiza

caixa nova galicia
co seu novo logotipo
el azul de nuestro mar
y el verde del interior

caixa galicia nova
e o negho dos incendios
do luto e o do chapapote
onde o poñemos pois !?

desde a ria facemos
un pouco desta memoria
de fusions e fusionazos
caja de ahorros municipal
de vigo y monte de piedad
caixa vigo pontevedra
caixa vigo pontevedra ourense
caixa nova
nova caixa galicia

e logo que virá pois !?
unha mais grande ou a desfeita

la nueva caja será inscrita
en el registro mercantil de a coruña
y lo hará en gallego
como gesto de respeto y compromiso
con galicia su lengua y su cultura

o cronista

posdata necesaria
este texto pensaba publicalo
desde a biblioteca de travesas
da finada caixa nova
pero fallou o seu pinche güifi
e tiven que buscar outro espacio
tamen por liberar