05-2-2017

darredor das cadeas



ancha é castela
e da moito respeto
anchas son as mentiras
contra elas as bandeiras ao vento
e vos dentro
ancha é a inxustiza
contra ela no vento as consignas
e vos dentro

ancha é castela
co seu grande touro denigrante
e nós bandeiras e consignas
ancha e longa a nosa verdade

ancha é castela
entre dueñas e aranjuez
e despois camiñamos por león
entre o barro darredor de mansilla
pero máis mancha entrar de visita


o cronista