26-9-2016

derrotados queimados

 


se galiza fose unha persoa

poderíamos decir que vai

camiñando cara o suicidio

 

costabanos crelo

pero aínda nos agardaba

algo peor que o fraguismo

 

en días coma hoxe penso

que aquí non hai lugar

para moitos de nós

ou sobran moitos deles


pero o señor da jhasiosa

ese que din o delfin de rajoy

so sacóu 680.000 votos

a maioría absoluta

foi a silenciada abstención

con 970.000 non votantes

 

o resistente