18-12-2018

do outro marquesado

 


oitocentos anos dunha familia

do chamado val do fragoso

un aristócrata sen pazo e catro
machos que ben quixeran selo
presentan o libro del señorío
al marquesado de valladares
a historia contada polos darriba

libro que en boa parte paga
a xunta cos nosos cartiños
e dan pinceladas das nobres
persoas de sangue azul
de guerras e conquistas
nun perfecto castelán agás
unhas frases do señor
conselleiro de (in)cultura
cun exceso do outro viguismo
ese do pp que mal esqueque
que valladares era do concello
de lavadores pois

e os cinco señores caballeros
nada dixeron dos roubos
da explotación e da fame
que sofrían as súas súbditas
nen do dereito de pernada
que hoxe chamamos violación

o cronista dos dabaixo

con raices en valadares