23-3-2015

povisa baixons de tension

 


povisa oito da mañán

ao meu pai acompaño

a unha pequena operación

e na porta deste negocio

subindo as escaleiras

vexo a unha muller no chan

e quen con mimo e esforzo

ergue ás súas pernas

é unha das traballadoras

en folga de fame

que di que a señora ten

un baixón de tensión

 

na entrada-recepción segue

o improvisado campamento

cartaces e unha mesa de sinaturas

e colchóns onde poden descansar

e tentan dormir nas longas noites

molestad@s polo segurata de turno

e fóra unhas faixas e un tental

con máis cartaces e follas

con textos e debuxos de apoio

 

na noitiña regreso a povisa

e de toda esta protesta-proposta

dentro non fica nengún rastro

as compas na tarde en asemblea

decidiron baixar a tensión

polos seus problemas de saúde 

e pararon a folga de fame

e a movilización-concienciación

seguirá doutro xeito

 

fora tamén falta o tendal

e so fica pegado a unha farola

un cartaz con este radical texto

colga a túa opinión

 

manolo pipas