26-2-2014

sanidade e educacion publica




dúas décimas polas nosas
sanidade e educación públicas
e unha terceira dun amigo lector

pública esta sanidade

o sanarnos entre todos
é que non hai outro modo
que sexa en comunidade,
falemos da realidade
o privado é unha empresa
e curan lento ou con presa
segundo sexa o contrato,
o ético e o sensato
pública a nosa promesa

pública a educación
unha conquista un dereito
con teoría e con feitos
nós decimos que é mellor,
aprender é un valor
respeto solidariedade
que o ensino de calidade
non ten tempo nen ten prezo,
con sentimento e sen rezos
educa a comunidade


manifestación hoxe as 20:00
en vigo na praza f católico
das marchas da dignidade
e mañán as 19.30 en vía norte
da alianza social galega

desunidos pero seguimos
manifestándonos


so por solidariedade
compañeiro, case flipas
oin a manolo pipas
decir catro verdades
sobre ensino e sanidade
que son un tema tan serio
nun e noutro hemisferio
no planeta que me acovo
recortes son para o povo
do tirano,  un improperio

bieito lobariñas a 27-2