verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
son mil e moitos manifestantes
pola estrada entre a floresta
que viñeron de toda a bisbarra
e de ourense lugo compostela
e non defenden un humidal
nen un outeiro ou carballeira
na imaxe non saen as faixas
e non había nengunha bandeira
son dignas persoas traballadoras
detrás e diante os grandes lemas
por algo fermoso que perdemos
cando os darriba mal gobernan
celadores médicos e usuari@s
mantenemento enfermeiras...
defendemos a sanidade pública
que pode acabar nas cunetas
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)